luns, 23 de xaneiro de 2017

SEMANA DA PAZ

O vindeiro luns 30 de xaneiro celébrase como cada ano o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA ESCOLAR.
Durante estes días imos aprender este baile do grupo "Mamá Cabra" para facelo todos xuntos ese día.


PLANTANDO "A ÁRBORE DA ESCOLA"

Durante esta semana, os alumnos-as de 4 anos B axudaron ao noso conserxe Joaquín a plantar o ÉRBEDO que nos trouxo a mamá de Mateo cando nos contou o conto "A árbore da escola" . Coidarémolo entre todos con moitas ganas para que creza moito.