"FESTA FIN DE CURSO"

 Como todos os anos e, grazas á colaboración de todos-as, o derradeiro día do curso fixemos unha pequena festa de despedida antes das vacacións.






"TRABALLOS FIN DE CURSO 3 ANOS"

Unha pequena mostra dos traballiños dos máis pequenos-as, para dar a benvida ao verán e ás vacacións.


"PROXECTO A ARTE EN OURENSE"

Aquí poñemos unha pequena mostra dalgúns dos traballos dos alumnos-as de Ed. Infantil dentro do Proxecto de centro "A arte en Ourense"


luns, 18 de xuño de 2018

"PEQUENOS XARDINEIROS"

Durante estes últimos días, os alumnos-as de Ed. Infantil convertéronse en xardineiros cultivando e coidando durante varios días as súas plantas. Hoxe tocoulles aos alumnos-as de 4 anos levar para casa as súas fermosas plantiñas.


domingo, 17 de xuño de 2018

"UNHA VISITA MOI ESPECIAL"

O venres recibimos a visita da mamá de Lucía González de 5 anos A. Veu acompañada de Ángeles, unha mestra xa xubilada que nos contou un bonito conto destinado a fomentar nos máis pequenos bos hábitos de seguridade vial, como ir sempre con cinto de seguridade, ben sentados, con casco cando imos en moto...
MOITAS GRAZAS!!!!