venres, 26 de maio de 2023

"IMOS DE EXCURSIÓN"

Xa case rematado o curso, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Infantil puideron desfrutar dun fermoso día de excursión á Casa do Patrón en Lalín, onde viviron novas e diferentes experiencias.



"CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Hoxe tod@s xunt@s celebramos no polideportivo o Día da nosa Lingua, dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego.


CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS

"SOMOS CENTRO PLURILINGÜE"

Como centro plurilingüe recibimos a visita do Equipo de Kids & Us Ourense cos que desfrutamos dun divertido StoryTime.


 

venres, 12 de maio de 2023

"O NOSO HORTO"

Xa avanzada a Primavera, é o momento de plantar no noso HORTO. Tod@s xunt@s saímos ao patio, aproveitando o bo tempo, para poñer as nosas sementes (leitugas, cenorias, cebolas, plantas aromáticas...). Coidarémolo con moito mimo e esperamos que crezan moito 😋😋😋 




"AS FAMILIAS CONTAN: SANDRA, CHLOÉ E HUGO"

Esta semana tivemos unha nova sesión da actividade "As familias Contan". De novo unha nai dunha alumna de infantil. Sandra, que tamén é a nosa compañeira, acompañada de Chloé e de Hugo nos fixeron desfrutar cos contos "Voy a comedte" e "Pápote a bicos".


As familias contan: Sandra, Chloé e Hugo

domingo, 7 de maio de 2023

"AS NOSAS PLANTIÑAS DE PRIMAVERA"

Os nos@s peques de Infantil foron o venres moi content@s para casa coas súas pLantiñas de primavera.


AS NOSAS PLANTIÑAS

"SAÍDA 6º EDUCACIÓN INFANTIL: VISITA A TÚA CIDADE"

 O venres os alumnos e alumnas de 6º de Infantil foron de paseo pola nosa cidade. Descubriron e aprenderon moitas cousas bonitas que non sabían.


VISITA A TÚA CIDADE

sábado, 6 de maio de 2023

“EXPERIENCIAS DE PRIMAVERA”

A Primavera é unha época ideal para que os nenos e nenas aprendan e experimenten o que é o ciclo da vida dos seres vivos. Así o representan algúns alumn@s de 6ºB de Infantil.