Durante a última semana de curso, tivemos festa todos os días:
XOGOS NO PATIO
MERENDOLA
Durante a última semana de curso, tivemos festa todos os días:
XOGOS NO PATIO
MERENDOLA
Dende os máis pequen@s aos adultos, todos podemos contribuír á mobilidade sostible, por unha cidade máis segura e menos contaminada.
Non hai mellor forma de celebrar o Día do Medio Ambiente que visitando o Parque Botánico de Montealegre. O alumnado de 6º de infantil, xunto do alumnado de 1º a 3º de primaria coñeceu moitos aspectos de diferentes plantas e tamén distintas especies de aves. Ademais, xunto co profe Anxo de música, cantaron unha bonita canción dedicada á natureza.
Nesta ocasión foron Alma de 6ºA de infantil e a súa nai Mónica, as que quixeron compartir con nós os seus contos favoritos. Moitas grazas!!
Os nenos e nenas de 6º de Infantil participaron no Correlingua, percorrendo as rúas da nosa cidade e tamén, con xogos, bailes destinados a fomentar o uso da lingua galega.
Os nenos e nenas de 5º de Infantil desfrutaron do paseo que deron pola nosa fermosa cidade, coñecendo moitas das súas historias.
Os nenos e nenas de 6º de infantil uníronse á festa de celebración das Letras Galegas organizada polo Concello no Auditorio acompañados polas cancións do Xabarín Club.
Os nenos e nenas de 4º de infantil, celebraron o Día da familia facendo uns marabillosos debuxos.
Desfrutamos dunha gran festa para celebrar o Día das Letras Galegas co concerto do grupo de pandeiretas e gaitas "Os da Rabeda", o coro do alumnado do colexio "A Inmaculada" e, por suposto, a nosa alumna de 5ºB de infantil ALANA.
Durante esta semana, Bea, mamá de Ari de 6º de infantil axudounos na celebración das Letras Galegas, como homenaxe ás cantareiras ao que se lle dedica este ano o Día, cun obradoiro de pandeireta, e baile e canto galego, cos nenos e nenas de infantil. Pasárono de marabilla.
MOITAS GRAZAS BEA!!!
Nesta ocasión foron Jorge e Carlos os que acompañados dos seus pais, nos contaron dous dos seus contos favoritos.
Os nenos e nenas de Educación Infantil aproveitan as clases de psicomotricidade para practicar no novo rocódromo instalado no noso colexio.
Aproveitando que en varias clases de infantil estamos desenvolvendo un proxecto para coñecer mellor o mundo das abellas, pedímoslle a Éric Míguez de 3ºB de primaria, que é un gran coñecedor deste tema, que nos dera unha charla, xunto co seu compañeiro Samuel, a todo o alumnado de infantil.
Esta semana foi o alumnado de 5º de Infantil o que participou no Obradoiro de Primeiros auxilios, Matilda, grazas ao Equipo de enfermería do Centro de Saúde de A Cuña.
Hai unhas semanas desfrutamos en infantil dos xogos incluídos na "Maleta Viaxeira de Xogos de Mesa en Educación Infantil", que nos enviaron dende o CEFORE de Ourense. Con eles nos divertimos, pero tamén aprendemos a compartir, esperar quenda, contar...
Durante esta semana pasada, todo o alumnado de Educación Infantil visitou a exposición "Comedy Wildlife", na que aprenderon moitas cousas curiosas da vida dos animais a través de fermosas e curiosas fotografías e como contribuír á súa conservación.
Para celebrar o Día do Libro, todos os nenos e nenas de infantil desfrutaron coa lectura de contos que lles fixeron os voluntarios e voluntarias da Biblio de Irvi. Podedes ver as fotos pinchando na seguinte imaxe.
Antes de marchar de vacacións, os nenos e nenas de Infantil tiveron unha última tarefa. Atopar os ovos de chocolate que agochara o coelliño no patio e conseguírono. 🐇
Os nenos e nenas de 6º de Infantil aprenderon algunhas pautas de primeiros auxilios co equipo de enfermeiras do Obradoiro "Matilda no cole", porque os Peques salvan vidas.
Sumámonos á conmemoración do Día Mundial de Concienciación do Autismo. Elaboramos entre todo o alumnado do colexio un mural e tamén, o Profe Fernando nos fixo un contacontos cheo de maxia relacionado coa diversidade.
Os nenos e nenas de 6º de Infantil participaron na actividade "Alavín, Alaván", promovida pola Concellería de Educación, destinada á educación viaria dos máis pequen@s a través de diferentes xogos.
Esta semana tivemos unha nova sesión da actividade "As familias contan moito" coa nosa alumna Uxía, de 6ºB de Infantil acompañada de toda a súa familia, que nos contaron de marabilla a fermosa historia do libro "A Cousa que máis doe do mundo".
O alumnado de 6º de infantil asistiu no Auditorio Municipal á representación da Ópera de Mozart "La Flauta Mágica" a cargo da compañía Ferro Teatro. Desfrutaron moito, xa que levan varias semanas preparando esta saída co profe de música Anxo.
Este ano para conmemorar o Día Internacional da Muller, temos na nosa Biblioteca unha fantástica exposición organizada e montada polo Profe Fernando. Podedes seguir visitándoa este vindeiro martes, día 18, de 16 a 18 horas.
Este ano tivemos que conmemorar o Día Internacional da Muller fóra do 8 de marzo, xa que coincidiu en sábado, pero fixémolo con moita forza.
Xa rematado febreiro queremos felicitar aos nosos peques que celebraron o seu aniversario neste mes. PARABÉNS A TOD@S!!!!🎉🍰💗💗