Despedimos o trimestre e empezamos as vacacións. As nenas e nenos de infantil o último día xogaron a buscar os ovos que o coelliño escondera polo patio. Nos grupos de 4 anos tiveron que ir descifrando as pistas que lle deixara por distintos sitios do cole.
luns, 30 de marzo de 2026
"TEATRO EN INGLÉS: THE TIN SOLDIER"
Os nenos e nenas de 6º de Infantil aprenderon inglés coa obra de teatro "The Tin Soldier", no Auditorio de Ourense.
domingo, 29 de marzo de 2026
"O NOSO HORTO"
Unha vez que despedido o inverno, démoslle a benvida á primavera plantando o Noso Horto no patio de infantil.
venres, 20 de marzo de 2026
"XOGAMOS CON ESPUMA"
Os nenos e nenas de 4º de infantil despediron o inverno xogando con espuma ou neve artificial.
mércores, 18 de marzo de 2026
"ACTIVIDADE TUBOS MUSICAIS"
O alumnado de infantil descubriu infinitas formas de facer música a través de diversos instrumentos construídos a partir dos obxectos máis cotidianos, grazas a XAVI BUFA, ao seu talento e a súa imaxinación.
luns, 16 de marzo de 2026
"SEMANA DA PRENSA 2026"
Pinchando na imaxe podedes ver no blog da biblioIRVI algunhas das actividades feitas para conmemorar a Semana da Prensa.
sábado, 14 de marzo de 2026
"CONMEMORANDO O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"
Para conmemorar o Día Internacional da Muller o alumnado de 4º de infantil A e B elaborou conxuntamente un mural.
luns, 9 de marzo de 2026
"PROXECTO AURORA BOREAL 6º INFANTIL"
As nenas e nenos de 6º de Infantil estiveron desenvolvendo un proxecto sobre a Aurora Boreal. Aquí vos amosamos como as plasmaron gráficamente e experimentaron cos debuxos a través da luz negra.
"A BIBLIO CONciencia"
Pinchando na imaxe poderedes acceder ao blog da Biblio de IRVI, no que veredes distintas imaxes dos nenos e nenas de infantil e de primaria realizando diferentes experimentos para conmemorar o Día da Muller e a Nena na ciencia.
domingo, 8 de marzo de 2026
"VIALIA: ACTIVIDADE EDUCACIÓN VIAL 6º INFANTIL"
Os nenos e nenas de 6º de infantil asistiron na aula de psicomotricidade a un obradoiro sobre Educación vial, VIALIA, promovido dende a Concellería de Educación do Concello.



