Xogando é a mellor forma de aprender.
INICIOluns, 12 de outubro de 2026
domingo, 11 de outubro de 2026
"PRIMEIROS DÍAS DE COLE EN 4º DE INFANTIL"
Non podemos deixar de sorprendernos co noso alumnado máis cativiño. Os nenos e nenas de 4º de infantil xa están totalmente adaptados ao seu "cole de maiores".
"ANIVERSARIOS SETEMBRO"
Iniciamos un novo curso, pero non esquecemos celebrar os aniversarios dos nosos cativos. Os que cumpriron no mes de setembro...
E tamén festexamos os aniversarios que se sucederon durante as vacacións de verán.
xoves, 3 de setembro de 2026
martes, 23 de xuño de 2026
"ANIVERSARIOS MES DE XUÑO"
No último mes de curso tamén tivemos celebracións de aniversarios das nenas e nenos de infantil. Algún deles aínda vai cumprir anos nos vindeiros días. Á volta das vacacións celebraremos moitos máis!!!
venres, 19 de xuño de 2026
"SEMANA FIN DE CURSO"
Esta semana está chea de actividades de festa de celebración do fin de curso. Comezamos co festival do que poderedes ver imaxes na páxina web do colexio. O mércores desfrutamos coas cancións e bailes de PACO PAKOLAS.
O xoves tocou superdiversión con xogos no patio.
domingo, 7 de xuño de 2026
"INAUGURACIÓN MOSTRA IRVIAXE Á CREATIVIDADE"
Este venres inauguramos a Mostra IRVIAXE Á CREATIVIDADE. Esperamos que moitas familias dos nenos e nenas de infantil veñan visitala os vindeiros martes.
"DÍA DA MOBILIDADE SOSTIBLE"
Un curso máis no noso colexio todos xunt@s queremos contribuír á concienciación do coidado do noso planeta, nesta ocasión, co Día da Mobilidade Sostible.

























