domingo, 24 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Como o día 23 de abril este ano foi sábado, tivemos que adiantar un día a celebración do DÍA DO LIBRO. Os alumnos-as de Ed. Infantil esmeráronse moito cos seus traballos para conmemorar este importante día e poder levalos para casa a ensinarllos ás súas familias.

3 ANOS: OS CONTOS DE CARAPUCHIÑA E A RATIÑA PRESUMIDA


4 ANOS: O COELLIÑO BRANCO


5 ANOS: UNS PRECIOSOS MARCAPÁXINAS MONSTRUIÑOS


O COELLIÑO BRANCO


Aquí está o conto O COELLIÑO BRANCO con pictogramas para poder lelo todos xuntos na casa.


O Coelliño Branco - Educ Infantil - curso 15-16


venres, 22 de abril de 2016

"DON QUIJOTE"

Hoxe 22 de abril celebramos en todo o mundo o 400 aniversario da morte de Cervantes e mañá 23 o DÍA DO LIBRO. 
Como os nosos alumnos-as aínda son un pouco "peques" par ler o Quixote completo, aínda que seguro que o lerán cando poidan, aquí deixamos un vídeo para acercar este fantástico libro aos nenos-as de Ed. Infantil.


CONTACONTOS O MONSTRO DE CORES

Este mércores tivemos a sorte de recibir a visita dunha nai dun dos nosos alumnos-as que lles contou aos nenos-as da clase de 4 anos A o fermoso conto "O Monstro de cores". 




contacontos Monstro de cores - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Con el aprendemos a expresar as nosas emocións:






xoves, 14 de abril de 2016

CONTACONTOS

O martes tivemos a oportunidade de escoitar un fermoso conto sobre a PRIMAVERA. Os nenos e nenas de Educación Infantil disfrutaron moitísimo


XOGAMOS COA PRIMAVERA

Aquí está un xogo para aprender moitas cousas da PRIMAVERA


Xogamos coa primavera

luns, 11 de abril de 2016

CHEGOU A PRIMAVERA!

A pesar de que polo tempo non o pareza, xa comezou a primavera.



E podemos xogar ás adiviñas cos nomes das flores con este vídeo.