Hai uns días foron os nenos-as de 5 anos, e este venres pasado tocoulles aos alumnos de 3 e 4 anos disfrutar dun didáctico e divertido contacontos grazas ao PROGRAMA SI.
Con el coñecemos a historia de Martiño, e aprendimos a importancia de comer ben e facer exercicio para crecer sans e felices.
Grazas ao "Programa si", os nenos-as de 3 e 5 anos puideron experimentar o divertido que é comer froita. Adiviñaron que froita era polo tacto, o sabor, o cheiro...; fixeron brochetas e degustaron distintas froitas e zumes.
Estes vindeiros días teremos varias saídas para os alumnos-as de Educación Infantil. Aquí está un cadro para lembrar as datas. (Se non hai cambios de última hora).
Como todos os anos, o 17 de maio, celebramos o día das LETRAS GALEGAS. Este ano está adicado ao poeta lucense MANUEL MARÍA.
Durante esta última semana, principalmente, adicamos moito tempo a que os neno-as de Ed. Infantil o coñeceran un pouco máis a el e á súa obra e escoitamos recitar os seu poemas a nenos-as de primaria.
Aquí poñemos un vídeo dos seus poemas reunidos no libro "Os soños na gaiola", adicado especialmente aos máis pequenos-as, cantados por Suso Vaamonde