venres, 23 de decembro de 2016
RECOMENDACIÓN LIBROS NADAL 2016
Aquí vos deixamos unhas recomendacións para que os máis pequenos-as inclúan nas súas cartas aos REIS MAGOS e PAPÁ NOEL.
FESTA DE NADAL NO IRMÁNS VILLAR
Remata o primeiro trimestre e chega o NADAL. Foi unha semana chea de emocións, ensaiando para o Festival e que todos os papis e mamis, avós e avoas... se sentiran moi orgullosos dos nosos-as pequenos-as artistas.
O xoves tivemos un ensaio xeral actuando para o resto dos grupos de Ed. Infantil.
E despois, mentres merendabamos nas aulas, recibimos a visita de PAPÁ NOEL, que cariñas tiñan os máis pequenos-as...
domingo, 18 de decembro de 2016
A ÁRBORE DE NADAL DE IRMÀNS VILLAR
Xa está montada a Árbore de Nadal na entrada do noso cole. Quedou preciosa grazas á colaboración de todos os alumnos-as de Educación Infantil e as súas familias.
MOITAS GRAZAS A TODOS-AS!!!!
REMATA O OUTONO...
Xa estamos chegando ao final do OUTONO. Así o representaron artísticamente os alumnos-as da clase de 4 anos A.
mércores, 14 de decembro de 2016
ACTUACIÓN DE MAMÁ CABRA
O martes os alumnos-as de 5 anos foron ata o Auditorio Municipal para asistir ao concerto de Mamá Cabra organizado polo Concello de Ourense.
Pasámolo moi ben, cantamos e bailamos!!!!!
E, ademais, dous dos nosos nenos-as foron elexidos para bailar no escenario con este fantástico grupo. Jacob e Alexia fixérono de marabilla. (Perdón pola calidade dos vídeos pero cremos que merece a pena velos).
martes, 6 de decembro de 2016
DÍA DA CONSTITUCIÓN
Como todos os 6 de decembro de cada ano, celebramos o aniversario da nosa CONSTITUCIÓN. Os nenos-as de 5 anos aprenderon que significado ten este día a través dos personaxes dos contos clásicos:
Aquí vos deixamos un vídeo cunha pequena narración donde nos explican os dereitos e deberes fundamentales da nosa Constitución
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)