luns, 25 de decembro de 2017
domingo, 24 de decembro de 2017
"NADAL 2017"
Esta foi unha semana moi intensa. Antes das vacacións de Nadal tivemos unha semana moi atarefada preparando o festival, rematando os traballos do trimestre e tamén tivemos unha gran sorpresa: A VISITA DE PAPÁ NOEL.
3 ANOS
4 ANOS
Preparados para o FESTIVAL...
E, por fin, chegou Papá Noel!!!!
mércores, 6 de decembro de 2017
"DÍA DA CONSTITUCIÓN"
Para coñecer un pouco máis o que significa a Constitución, os nenos e nenas de 4 e 3 anos fixeron estes traballos.
venres, 24 de novembro de 2017
"DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER"
O 25 de novembro é o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Durante toda esta semana, nas aulas de Ed. Infantil estívose traballando este tema a través do conto "Artur e Clementina".
Oxalá moi pronto non sexa necesario este día no calendario.
domingo, 19 de novembro de 2017
luns, 13 de novembro de 2017
"MAGOSTO 17-18"
Por fin chegou o día para celebrar o MAGOSTO no cole.
Visitamos ao Castañeiro que nos preparou unhas ricas castañas.
Comemos todos xuntos no patio as castañas.
Infantil Irmáns Villar CEIP Irmáns Villar de Slidely by Slidely Slideshow
E rematamos e levamos para casa os traballos que fixemos durante toda a semana.
mércores, 8 de novembro de 2017
"CHEGA O MAGOSTO"
Este venres imos celebrar no cole a festa do Magosto. Durante toda a semana, nas aulas de Ed. Infantil estase traballando sobre esta festa con manualidades, debuxos, cancións, contos, etc.
Aquí vos deixamos unha canción moi divertida sobre as castañas.
luns, 6 de novembro de 2017
"MOCHILAS VIAXEIRAS"
Xa están as Mochilas Viaxeiras de camiño ás casas dos nenos e nenas de Ed. Infantil, dispostas a vivir mil aventuras e historias con eles. Oxalá disfruten moito "lendo" os contos e coidándoas moito.
domingo, 5 de novembro de 2017
"VIAXANDO POLAS ESTRELAS"
Durante toda esta semana todos os alumnos-as de Educación Infantil visitaron o Planetario Móbil que chegou ao noso cole, para culminar o proxecto do UNIVERSO que levamos a cabo durante o curso pasado.
Infantil Irmáns Villar (Ourense) by Slidely Photo Gallery
mércores, 1 de novembro de 2017
"SAMAÍN/HALLOWEEN 2017"
Celebrando o Samaín durante toda a semana. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Despois, asistimos ao desfile de disfraces terroríficos dos alumnos-as de 1º, 2º e 3º de primaria no patio.
E rematamos os traballos e manualidades que fixemos durante estes días para celebrar esta festa, e que levamos moi orgullosos para casa.
4 ANOS
3 ANOS
5 ANOS
domingo, 29 de outubro de 2017
"AS FAMILIAS CONTAN..."
O venres, puidemos disfrutar do primeiro contaconto por parte de familiares dos nosos alumnos-as de Educación Infantil. Neste caso, foron as nais de Antía e Mateo, do grupo de 5 anos B, as que nos contaron un bonito conto para concienciarnos da importancia de coidar e protexer o medio ambiente: HISTORIA DUNHA LATA.
"As familias contan..." by Slidely Photo Gallery
"VISITA Á EXPOSICIÓN TEMPO"
Os alumnos-as de 5 anos A e B, tiveron este mércores a súa primeira saída do curso para asistir á Exposición Tempo de Isabell Seidel.
De camiño, aproveitamos para percorrer algunha das rúas do centro histórico da nosa cidade e recoñecemos lugares aos que vamos moitas veces. Así, coñecemos un pouco mellor OURENSE.
Xa na exposición, Isabell explicounos algún dos seus trucos para convertirse en grandes artistas...
martes, 24 de outubro de 2017
domingo, 22 de outubro de 2017
"OUTONO"
Este venres, os máis peques de Infantil, os alumnos-as de 3 anos levaron para casa un ourizo que fixeron con plastilina. Quedoulles ben chulo!
domingo, 15 de outubro de 2017
domingo, 8 de outubro de 2017
domingo, 1 de outubro de 2017
"RECREO PEQUES DE 3 ANOS"
Despois de varios días de adaptación, os nenos-as de 3 anos xa disfrutan dos seus primeiros recreos, e, polo que parece gústalles moito.
domingo, 24 de setembro de 2017
PRIMEIROS DÍAS EN 3 ANOS
Estes días os peques de 3 anos aínda están co Periodo de Adaptación, pero xa están a ter as súas primeiras experiencias como alumnos-as do CEIP Irmáns villar: escoitando un conto, coñecendo aos amigos-as...
Dámoslle a benvida á nosa familia!!!!!!.
domingo, 10 de setembro de 2017
xoves, 29 de xuño de 2017
"FESTA FIN DE CURSO"
E chegou o derradeiro día do curso, e despois de moitas experiencias, xogos, choros, bos momentos, por fin podemos celebrar que chegan as vacacións e podemos descansar durante unhas semanas para voltar en setembro cargados de enerxía para afrontar un novo curso cheo de ilusión para todos-as.
MOITAS GRAZAS A TODOS-AS POLA VOSA COLABORACIÓN DURANTE O CURSO E FELIZ VERÁN!!!
FIN DE CURSO 16-17 ED. INFANTIL CEIP IRMÁNS VILLAR by Slidely Photo Gallery
"GRADUACIÓN 5 ANOS"
Despois de tres marabillosos cursos, despedimos aos alumnos-as das clases de 5 anos, que o próximo curso, xa irán para Primaria.
Moita sorte e botarémosvos moito de menos, aínda que seguiremos véndoos crecer ano a ano.
"PROXECTO UNIVERSO"
Durante este curso, nos últimos trimestres, estivemos traballando o PROXECTO UNIVERSO, e aquí vos deixamos algúnha mostra dos traballos que fixeron os alumnos-as de Ed. infantil, así como, todos os materiais que aportaron as familias de moitos deles para decorar e ambientar o cole, e un vídeo cunha fantástica explicación de como son os planetas do noso sistema solar grazas a Sergio, da clase de 5 anos B.
MOITAS GRAZAS A TODOS-AS!
"COLORETA E RABIBRANCO"
Os nenos-as das clases de 5 anos, debuxaron o conto de "Coloreta e Rabibranco", dous preciosos xílgaros que naceron nun niño na casa da profe Loli.
"SOPRANDO, SOPRANDO..."
A profe de Audición e linguaxe, María, axudounos a facer esta manualidade tan divertida para practicar o sopro e así, poder pronunciar moi ben todas as letras.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)