Xa estamos no ENTROIDO, e despois dunha semana traballando duro nas aulas construíndo antifaces, caretas, etc., o venres puidemos vestirnos cos nosos disfraces favoritos e bailar a tope no patio.
Cada 24 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía". Desta maneira os alumnos-as de Educación Infantil quixeron homenaxear á escritora galega máis universal.
Hoxe nos despedimos de Irea, Iris e Rubén, tres futuros mestres que estiveron connosco estes meses acompañándonos na fermosa aventura de educar aos máis pequenos.
O xoves, os nenos-as de 4 anos tiveron a súa primeira saída do curso. Fomos ata a Sala de Exposicións de Abanca na Praza Maior para visitar a exposición "As pegadas soterradas", onde nos explicaron moitas cousas dos nosos antepasados e puideron convertirse en "pequenos arqueólogos".
Esta foi unha semana chea de eventos. Comezamos o luns coa celebración do DÍA DA PAZ, o martes tivemos o contacontos CANCODRILO e, para rematar a semana, o venres tivemos un novo contacontos. Nesta ocasión foi IAGO LÓPEZ quen nos ensinou a preparar un rico biscoito grazas ao conto O COCIÑEIRO MARTIÑO.
O martes recibimos a visita de "Sabela Gago" que nos veu contar a historia de Cancodrilo, un amigo ao que lle gustan moito as cores, actividade promovida polo Concello de Ourense. Os nosos-as peques disfrutaron moitíiiiiiisimo.
E, por fin, despois de varios días onde traballamos moito para elaborar o noso mural, chegou o día de conmemorar o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA ESCOLAR. Oxalá xa non fora necesario celebrar este día porque é algo que existe en todo o mundo.