xoves, 29 de xuño de 2017

"FESTA FIN DE CURSO"

E chegou o derradeiro día do curso, e despois de moitas experiencias, xogos, choros, bos momentos, por fin podemos celebrar que chegan as vacacións e podemos descansar durante unhas semanas para voltar en setembro cargados de enerxía para afrontar un novo curso cheo de ilusión para todos-as.
MOITAS GRAZAS A TODOS-AS POLA VOSA COLABORACIÓN DURANTE O CURSO E FELIZ VERÁN!!!


FIN DE CURSO 16-17 ED. INFANTIL CEIP IRMÁNS VILLAR by Slidely Photo Gallery

"GRADUACIÓN 5 ANOS"

Despois de tres marabillosos cursos, despedimos aos alumnos-as das clases de 5 anos, que o próximo curso, xa irán para Primaria.
Moita sorte e botarémosvos moito de menos, aínda que seguiremos véndoos crecer ano a ano.


"PROXECTO UNIVERSO"

Durante este curso, nos últimos trimestres, estivemos traballando o PROXECTO UNIVERSO, e aquí vos deixamos algúnha mostra dos traballos que fixeron os alumnos-as de Ed. infantil, así como, todos os materiais que aportaron as familias de moitos deles para decorar e ambientar o cole, e un vídeo cunha fantástica explicación de como son os planetas do noso sistema solar grazas a Sergio, da clase de 5 anos B.
MOITAS GRAZAS A TODOS-AS!




"COLORETA E RABIBRANCO"

Os nenos-as das clases de 5 anos, debuxaron o conto de "Coloreta e Rabibranco", dous preciosos xílgaros que naceron nun niño na casa da profe Loli.


"SOPRANDO, SOPRANDO..."

A profe de Audición e linguaxe, María, axudounos a facer esta manualidade tan divertida para practicar o sopro e así, poder pronunciar moi ben todas as letras.



"LEMBRANZAS DE MARCELLE"

Os alumnos-as de 5 anos lembraron a súa visita a Marcelle cos seus preciosos debuxos.



domingo, 18 de xuño de 2017

"OBRADOIRO DA MEL"

Este venres, durante toda a mañá, os nenos-as de Educación Infantil aprenderon moitas cousas sobre o mundo das abellas e a súa importancia e beneficio para todos-as; puideron degustar o mel, o pole, ver unha colmea e convertirse en pequenos apicultores poñéndose o seu traxe. 

3 ANOS A


"Obradoiro da Mel" - 3 Anos A by Slidely Photo Gallery

3 ANOS B


"Obradoiro de Mel" - 3 Anos B by Slidely Photo Gallery

4 ANOS A


"Obradoiro de Mel" - 4 Anos A by Slidely Photo Gallery

4 ANOS B


"Obradoiro de Mel" - 4 Anos B by Slidely Photo Gallery

5 ANOS A


"Obradoiro de Mel" - 5 Anos A by Slidely Photo Gallery

5 ANOS B


"Obradoiro de Mel" - 5 Anos B by Slidely Photo Gallery

mércores, 14 de xuño de 2017

"AS FAMILIAS CONTAN..."

O martes recibimos unha nova visita dentro da actividade "As familias contan..." . Neste caso foi a nai de Xurxo Cuquejo da clase de 4 Anos A.

Moitas grazas!!!



xoves, 8 de xuño de 2017

"AS FAMILIAS CONTAN..."

Hoxe xoves recibimos ao AVÓ PÍO, avó de Carlota do grupo de 3 Anos A, que nos contou o conto "A lebre e a tartaruga".
Moitas grazas!!!



mércores, 7 de xuño de 2017

"MÁIS ALÁ DAS NUBES"

Esta semana viaxamos polo Espacio. A través da actividade de Animación á lectura organizada polo Concello de Ourense, os alumnos-as de Educación Infantil de 4 e 5 anos, aprenderon moitas cousas sobre o UNIVERSO, aínda que xa sabían moitas que aprenderon no proxecto que estamos a traballar no cole.

4 ANOS A





"Máis alá das Nubes" 4 Anos A by Slidely Slideshow

4 ANOS B



"Máis alá das Nubes" 4 Anos B by Slidely Slideshow


5 ANOS



Animación á lectura "Máis alá das Nubes" 5 Anos. by Slidely Slideshow

E aquí vos deixo un enlace co xornal "La Región"  dun vídeo onde saen os alumnos-as de 5 anos do noso cole.

Exposición Animación á lectura "Máis alá das Nubes"

venres, 2 de xuño de 2017

VISITA BIBLIOTECA SAN FRANCISCO

Esta semana, foron os alumnos-as de 5 anos os que visitaron a Biblioteca Municipal de San Francisco, que está moi pretiño do noso cole. Seguro que nun futuro serán uns grandes "lectores".

5 ANOS A



Visita Biblioteca S. Francisco 5 anos A by

5 ANOS B


Visita Biblioteca S. Francisco 5 anos B by Slidely Photo Gallery

EXCURSIÓN A MARCELLE

Este martes, os alumnos-as de 6º de Educación Infantil, tiveron unha viaxe un pouco longa, pero moi divertida. Foron ata Marcelle en Lugo para aprender moitas cousas de diferentes animais.