domingo, 29 de outubro de 2017
"AS FAMILIAS CONTAN..."
O venres, puidemos disfrutar do primeiro contaconto por parte de familiares dos nosos alumnos-as de Educación Infantil. Neste caso, foron as nais de Antía e Mateo, do grupo de 5 anos B, as que nos contaron un bonito conto para concienciarnos da importancia de coidar e protexer o medio ambiente: HISTORIA DUNHA LATA.
"As familias contan..." by Slidely Photo Gallery
"VISITA Á EXPOSICIÓN TEMPO"
Os alumnos-as de 5 anos A e B, tiveron este mércores a súa primeira saída do curso para asistir á Exposición Tempo de Isabell Seidel.
De camiño, aproveitamos para percorrer algunha das rúas do centro histórico da nosa cidade e recoñecemos lugares aos que vamos moitas veces. Así, coñecemos un pouco mellor OURENSE.
Xa na exposición, Isabell explicounos algún dos seus trucos para convertirse en grandes artistas...
martes, 24 de outubro de 2017
domingo, 22 de outubro de 2017
"OUTONO"
Este venres, os máis peques de Infantil, os alumnos-as de 3 anos levaron para casa un ourizo que fixeron con plastilina. Quedoulles ben chulo!
domingo, 15 de outubro de 2017
domingo, 8 de outubro de 2017
domingo, 1 de outubro de 2017
"RECREO PEQUES DE 3 ANOS"
Despois de varios días de adaptación, os nenos-as de 3 anos xa disfrutan dos seus primeiros recreos, e, polo que parece gústalles moito.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)