venres, 24 de novembro de 2017

"DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER"

O 25 de novembro é o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Durante toda esta semana, nas aulas de Ed. Infantil estívose traballando este tema a través do conto "Artur e Clementina".
Oxalá moi pronto non sexa necesario este día no calendario.




luns, 13 de novembro de 2017

"MAGOSTO 17-18"

Por fin chegou o día para celebrar o MAGOSTO no cole.
Visitamos ao Castañeiro que nos preparou unhas ricas castañas.

Comemos todos xuntos no patio as castañas.




Infantil Irmáns Villar CEIP Irmáns Villar de Slidely by Slidely Slideshow

E rematamos e levamos para casa os traballos que fixemos durante toda a semana.





mércores, 8 de novembro de 2017

"CHEGA O MAGOSTO"

Este venres imos celebrar no cole a festa do Magosto. Durante toda a semana, nas aulas de Ed. Infantil estase traballando sobre esta festa con manualidades, debuxos, cancións, contos, etc.
Aquí vos deixamos unha canción moi divertida sobre as castañas.


luns, 6 de novembro de 2017

"MOCHILAS VIAXEIRAS"

Xa están as Mochilas Viaxeiras de camiño ás casas dos nenos e nenas de Ed. Infantil, dispostas a vivir mil aventuras  e historias con eles. Oxalá disfruten moito "lendo" os contos e coidándoas moito.


domingo, 5 de novembro de 2017

"VIAXANDO POLAS ESTRELAS"

Durante toda esta semana todos os alumnos-as de Educación Infantil visitaron o Planetario Móbil que chegou ao noso cole, para culminar o proxecto do UNIVERSO que levamos a cabo durante o curso pasado.


Infantil Irmáns Villar (Ourense) by Slidely Photo Gallery

mércores, 1 de novembro de 2017

"SAMAÍN/HALLOWEEN 2017"

Celebrando o Samaín durante toda a semana. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.



O martes, 31 de outubro, visitamos a exposición de cabazas no corredor das aulas de primaria.


Despois, asistimos ao desfile de disfraces terroríficos dos alumnos-as de 1º, 2º e 3º de primaria no patio.


E rematamos os traballos e manualidades que fixemos durante estes días para celebrar esta festa, e que levamos moi orgullosos para casa.

4 ANOS


3 ANOS


5 ANOS