domingo, 23 de decembro de 2018


"TRABALLOS POLO NADAL"

Moitas grazas pola colaboración de todas as familias dos alumnos-as de Ed. Infantil que nos axudaron a adornar o noso cole de Nadal cos debuxos que decoraron en casa cos máis peques. 
Quedaron preciosos!!!!






Tamén durante estes días traballamos moito no cole para levar a casa bonitos regalos para decorar para o Nadal.



sábado, 22 de decembro de 2018

"RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL"

Aquí vos deixamos, como todos os anos, algunhas recomendacións dende os Equipos de Dinamización Lingüística e Biblioteca do cole para incluir nas cartas dos máis pequenos-as para pedir os seus agasallos de Nadal.


xoves, 20 de decembro de 2018

"VISITA DE PAPÁ NOEL"

Como cada ano tivemos a sorte de recibir hoxe a visita de Papá Noel que nos trouxo unha chocolatina, e tamén escoitou as peticións dos máis pequenos para o día de Nadal.


mércores, 5 de decembro de 2018

RETO "EQUIPO INVESTIGADOR"

Aquí vos presentamos o producto final do RETO 1 dos alumnos-as de 4º de Ed. Infantil. Neste cadro quixeron mostrarnos o que máis lles gusta, e que todos-as os coñezamos. 


luns, 26 de novembro de 2018

"LEMBRANDO O 25 DE NOVEMBRO"

Debido a que o "Día contra a violencia de xénero" este ano foi domingo, hoxe quixemos seguir lembrando o significado deste día con diferentes traballos.




E aquí un conto fantástico moi apropiado para traballar este tema: "Arturo y Clementina"




domingo, 25 de novembro de 2018

"DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Dende o ciclo de Ed. Infantil do CEIP P. Irmáns Villar queremos contribuír poñendo o noso gran de area para lembrar o que significa este día. Porque a educación dos máis pequenos-as é a base fundamental para cambiar esta situación no futuro.








venres, 23 de novembro de 2018

"AS FAMILIAS CONTAN"

Seguimos recibindo a familiares dos nosos-as alumnos-as de Ed. Infantil que nos veñen a contar os seus contos favoritos. Así, hoxe veu ao cole Marta, a mamá de Sabela de 4º de Ed. Inf. B, que nos narrou o conto "Por catro esquiniñas de nada".
                                  MOITAS GRAZAS!!!!!



"As familias contan" by Slidely Photo Gallery

Podemos volver gozalo neste vídeo:


domingo, 18 de novembro de 2018

domingo, 11 de novembro de 2018

"MAGOSTO"

Como todos os cursos, e como nos encantan as nosas festas e tradicións, non podemos deixar de celebrar o MAGOSTO  cos máis peques do cole. 
Durante a semana traballamos o que significa esta festa nas aulas.



"Traballando o Magosto" (18-19) by Slidely Photo Gallery



E, xa o venres, saímos ao patio para comer todos-as xuntos-as as castañas.


domingo, 4 de novembro de 2018

"AS FAMILIAS CONTAN"

Un curso máis recibimos con entusiasmo a familiares dos nosos-as alumnos-as de Ed. infantil que adican un intre do seu tempo para narrarlles os seus contos favoritos aos máis pequenos-as.
Nesta ocasión inauguramos esta actividade, que ten por finalidade o fomento do gusto pola lectura nos nenos-as, coa visita de Cristina, a tía de Lucía de 4º de Ed.I. A e tróuxonos dous fermosos contos que lle encantan á súa sobriña.


Non hai máis que ver as cariñas dos nenos-as para saber o que disfrutaron. Moitas grazas Cristina!!!!

"AS FAMILIAS CONTAN" by Slidely Photo Gallery

Tamén os podemos disfrutar nestes vídeos



xoves, 1 de novembro de 2018

"SAMAÍN 2018"

Celebramos o SAMAÍN no cole durante toda a semana decorando as nosas aulas, os corredores e entradas e facendo diferentes manualidades para levar a casa. Aquí tedes unha mostra dalgunhas delas.



Moitas grazas a todos os nenos-as e ás súas familias que nos trouxeron estas marabillosas cabazas decoradas.








E o venres, tamén subimos ao piso das aulas de primaria para ver ás súas cabazas e, despois, no patio vimos o seu desfile de disfraces de medo.





SAMAÍN ED. INFANTIL 2018 by Slidely Slideshow

domingo, 14 de outubro de 2018

"PRIMEIRAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE"

Para os nenos-as de 3 anos, estes primeiros días de cole supoñen moitas novidades. Unha delas é a clase de psicomotricidade onde os máis peques o pasan de marabilla facendo exercicio.



sábado, 22 de setembro de 2018

"INICIO COLE 4º ED. INFANTIL"

Esta entrada foi eliminada porque houbo unha reclamación por parte dun pai por saír membros da súa familia que non tiñan autorización de imaxe.
A partir deste momento, non se porán fotos dos alumnos-as de Ed. Infantil nas que aparezan outras persoas.

O Equipo de Ed. Infantil do CEIP P. Irmáns Villar

mércores, 12 de setembro de 2018

"EMPEZA O COLE"

E, por fin, chegou o gran día. O comenzo de curso para os alumnos-as de 5º e 6º de Ed. Infantil. Houbo algunha cariña triste pero a maioría foron sorrisos.