domingo, 25 de febreiro de 2018

"ATA PRONTO"!

O venres dixemos ata pronto á profe Greta, á profe Antía e á profe Débora, que levan dende principio de curso con nós facendo as súas prácticas para convertirse nun futuro moi próximo nunhas marabillosas Mestras de Educación Infantil.

 MOITAS GRAZAS POR TODO!!!!💕





"DÍA DE ROSALÍA"

Como cada 24 de febreiro, celebramos con moito orgullo o "Día de Rosalía", no que conmemoramos a data do seu nacemento.
Como este ano cae en sábado foi o venres cando rematamos e levamos para casa os nosos traballos de homenaxe á nosa escritora máis universal. 
"Un verso de Rosalía de Castro e unha flor" e tamén fixemos uns bonitos marcapáxinas.






domingo, 18 de febreiro de 2018

"APRENDER XOGANDO"

Os alumnos-as de 4 anos seguen aprendendo diferentes conceptos matemáticos como "tantos como" a través do xogo e a experimentación.



luns, 12 de febreiro de 2018

"ENTROIDO 2018"

Semana de festa coa elaboración de caretas e antifaces de todo tipo. De animais, de cabaleiros medievais, da mascota da clase ou as fermosas máscaras venecianas.

4º EDUCACIÓN INFANTIL



5º EDUCACIÓN INFANTIL


6º EDUCACIÓN INFANTIL




E, por fin, o venres chegou o día de vestirnos co noso disfraz favorito. Que guapos e guapas estaban todos os alumnos-as de Ed. Infantil do CEIP Irmáns Villar.







E, xa no patio, os alumnos-as de primaria desfilaron para os máis pequenos-as e despois bailamos todos xuntos.


Entroido Infantil Irmáns Villar 2018 by Slidely Slideshow

domingo, 4 de febreiro de 2018

"DÍA DA PAZ 2018"

Como cada 30 de xaneiro, todos os alumnos-as do CEIP Irmáns Villar de Ourense saímos ao patio para cantar a nosa canción. Este ano foi "A Rumba das apertas" desexando a PAZ para todo o mundo.



Infantil CEIP Irmáns Villar. Día da Paz 2018 by Slidely Slideshow

Que guapos e guapas están os alumnos-as das distintas clases de educación infantil coas súas coroas da PAZ




E, así representaron os nenos-as da aula de 4 anos B o que significa para eles a PAZ