Moitas grazas ás familias pola súa colaboración coas notas saudables do Programa SI. Entre todos, familia e escola conseguiremos que os nenos e nenas crezan sans e fortes física e emocionalmente.
Con motivo da celebración do Día da Poesía o 21 de marzo, este venres tivemos no salón de actos do noso colexio, un recital de poesía. Por parte de Educación Infantil, deleitáronnos cos seus poemas os alumnos-as de 5 anos.
O 21 de marzo celebramos o "Día da Poesía". Nas diferentes aulas de Educación Infantil disfrutamos aprendendo e ilustrando poesías adicadas á Primavera, ao Mar e tamén do poeta Antonio García Teixeiro.
O martes os alumnos-as de Educación Infantil de 4 e 5 anos acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense para asistir á obra "A nena e o grilo nun barquiño" de Maxín Blanco. Cantaron, bailaron e viviron as aventuras de trotamundos destes personaxes marabillosos.