xoves, 31 de maio de 2018

"EXCURSIÓN A MARCELLE"

Esta semana os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil A e B tiveron a excursión de fin de ciclo ao Zoo de Natureza Marcelle en Lugo. Foi unha experiencia inolvidable.


mércores, 30 de maio de 2018

"AS FAMILIAS CONTAN"

Hoxe recibimos a Elena, a mamá de Breogán de 5 Anos A. Xuntos nos contaron dous preciosos contos: O pau e Unha feliz catástrofe
Moitísimas grazas aos dous!!!!!


"AS FAMILIAS CONTAN" by Slidely Photo Gallery

domingo, 27 de maio de 2018

"AS FAMILIAS CONTAN"

Esta semana tivemos a sorte de contar cunha nova sesión de "As familias contan" grazas á mamá de Antía de 5 anos B que nos contou unha das historias do "Ratiño Pérez".
MOITAS GRAZAS!!!!!



domingo, 20 de maio de 2018

GRAN ESTREA PELÍCULA "O BANQUETE MEDIEVAL"

E por fin chegou o día, despois de moitos ensaios, traballo para elaboración do vestiario e decorados, da gran estrea da película "O BANQUETE MEDIEVAL" protagonizada polos alumnos e alumnas de 6º de Ed. Infantil grupos A e B do CEIP Irmáns Villar. 
NORABOA A TODOS E TODAS!!



Despois do Banquete chega o momento de continuar coa festa.




Estes son os-as nosos-as artistas















"LETRAS GALEGAS 2018"

Neste ano adícase á escritora María Victoria Moreno, que aínda que a súa orixe era extremeña, dende que veu vivir para Galicia converteuse nunha galega máis, defendendo a nosa cultura e a nosa lingua ata o final.
Durante varios días todos os alumnos-as de Ed. Infantil aprendemos moitas cousas desta escritora-profesora que adicou a maior parte da súa obra aos máis pequenos-as.





Os alumnos-as das clases de 5 anos A e B contáronlle aos alumnos-as de 3 e 4 anos algúns aspectos da vida e obra de María Victoria Moreno.


domingo, 13 de maio de 2018

"OS CONTOS DA TITIRITEIRA"

O xoves tivemos a visita de Celtia Figueiras, unha das compoñentes da compañía de monicreques "A Xanela de Maxín", cun bonito contacontos titulado "Os libros da titiriteira".


"POR FIN COMPLETAMOS O CREBACABEZAS"

E despois de varios días de labor detectivesca, conseguimos completar o crebacabezas sorpresa. Aquí vos deixamos unha mostra da búsqueda da derradeira peza.









domingo, 6 de maio de 2018

"BÚSQUEDA DA TERCEIRA PEZA"

Seguimos buscando as pezas do noso crebacabezas sorpresa. Hoxe as pezas apareceron en diferentes sitios, como a aula de psicomotricidade, a biblioteca de aula...


Tamén en 4 Anos B, atoparon a 3º peza, nesta ocasión estaba agochada dentro dun conto.



"CELEBRANDO OS MAIOS 2018"

Para conmemorar esta tradicional festa da nosa cidade, os alumnos-as de Ed. Infantil de 5 anos construíron o seu propio MAIO.


xoves, 3 de maio de 2018

"BUSCANDO A SEGUNDA PEZA"

Hoxe apareceu a segunda peza do crebacabezas sorpresa. Os nenos e nenas das diferentes clases de Ed. Infantil pasárono de marabilla facendo de detectives. Aquí vos deixamos unha mostra.




Despois de buscar na clase, buscamos na aula de psicomotricidade e, por fin chegou a recompensa.

Xa na aula, pensamos e conversamos sobre o que pode significar a peza encontrada


mércores, 2 de maio de 2018

"SORPRESA..."

Hoxe tivemos unha gran sorpresa no cole. No patio de Educación Infantil apareceu unha caixa misteriosa da que saían seis cintas de cores, cores dos diferentes grupos. O/A maquinista/xefe/a de cada clase, se encargou de tirar da súa cinta e apareceu un sobre cunha peza dun crebacabezas. 
??????????????????
Despois de imaxinar que podía significar aquilo, a profe Estela nos leu unha carta que estaba na caixa que nos dicía que ían aparecer escondidas en diferentes partes do cole máis pezas, e que teríamos que seguir unhas pistas para atopalas. Despois de averiguar de que se trata aprenderemos moitas cousas interesantes. Onde aparecerá a seguinte?