mércores, 30 de xaneiro de 2019

"CELEBRANDO O DÍA DA PAZ"

Hoxe, 30 de xaneiro, como todos os anos quixemos celebrar todos xuntos o Día da Paz e a non violencia escolar. Cantamos e bailamos no patio todo o alumnado do centro, infantil e primaria para reinvindicar o noso desexo dun mundo mellor onde todos e todas vivamos sen desigualdade e en PAZ.



"DÍA DA PAZ 2019" by Slidely Photo Gallery

domingo, 27 de xaneiro de 2019

"DÍA DA PAZ"

Esta é a canción que estamos aprendendo estes días para cantar todos xuntos o 30 de xaneiro, Día da Paz: "Quérote máis" de Sonoro Maxín.


"MONSTRO COMEMEDOS"

É moi importante que os nenos-as vaian perdendo o medo. Por iso, na clase de 6º de Ed. Infantil B levaron a cabo esta divertida actividade, na que todos os alumnos-as, despois de debuxar este gracioso monstro, meteron na súa boca os debuxos que fixeron de todo aquilo que lles daba medo.


xoves, 10 de xaneiro de 2019

"AS FAMILIAS CONTAN"

O mércores tivemos unha nova sesión da actividade "As familias contan", pero neste caso  foi Ángeles, a nai de Mateo, un alumno de 1º B que quixo compartir cos nenos-as de Ed. Infantil a bonita historia do "Calcetín Amarelo". Moitas grazas aos dous por non olvidarse dos seus antiguos compañeiros-as de Infantil.



"As familias contan" by Slidely Slideshow

Éste é o libro no que está a historia deste calcetín tan simpático.


E podedes lembrar a súa historia neste vídeo