mércores, 27 de febreiro de 2019

"CUMPRINDO AS ORDES DO MECO"

Somos moi obedientes e cumprimos as ordes que nos vai dando O MECO para chegar moi ledos ao ENTROIDO.







domingo, 24 de febreiro de 2019

"CHEGOU O MECO"

Comenzamos a semana principal do Entroido e no noso cole xa recibimos a un personaxe moi especial "O Meco", que nos vai dar divertidas ordes, a través da mascota da Biblioteca, Irvi, cada día para vir moi guapos ao cole estes días. Aquí está a do luns.




"DÍA DE ROSALÍA"

O 24 de febreiro, en conmemoración á data do seu nacemento, celebframos o Día de Rosalía. Durante toda esta semana os alumnos-as de Ed. Infantil fixeron unhas preciosas tarxetas para lembra á nosa escritora máis universal.













xoves, 21 de febreiro de 2019

"MAÑÁ DE TEATRO"

Hoxe, os alumnos-as de 5º e 6º de Infantil foron ata o Auditorio Municipal para asistir á obra de teatro "Burbullas de Papel", promovida por Afundación.



mércores, 20 de febreiro de 2019

"EL HOMBRECILLO DE PAPEL"

Os alumnos-as de 6º B de Ed. Infantil expuseron na súa aula as súas creacións a partir do libro "El hombrecillo de papel" que traballaron con motivo do "Día da Paz". Quedaron chulísimos.


domingo, 17 de febreiro de 2019

"PEQUENOS CIENTÍFICOS"

Durante esta semana, aproveitando a celebración do "Día da muller e a nena na ciencia", os alumnos-as de 6º de Ed. Infantil convertéronse en Pequenos Científicos, experimentando coa ciencia.




"AS FAMILIAS CONTAN"

Este venres tivemos unha nova sesión da actividade "As familias contan". Neste caso foi Darien de 6º A de Ed. Infantil, que acompañado da súa familia nos ensinou como ter os nosos dentiños moi sans. 
Moitas grazas aos tres!!!


As familias contan: "Aprendendo a coidar os nosos dentes" by Slidely Photo Gallery

domingo, 10 de febreiro de 2019

"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"

O 11 de febreiro, por iniciativa das Nacións Unidas, celébrase en todo o mundo o Día da Muller e a nena na ciencia, para destacar o traballo de moitas mulleres neste ámbito e para fomentar que as nenas da actualidade, non atopen barreiras na súa vida para convertirse no futuro, se así o desexan, en mulleres científicas.

Aquí vos deixamos unha presentación para coñecer algo máis dalgunha das científicas máis importantes da historia e o seu labor.


venres, 8 de febreiro de 2019

"UN CASTELO ECOLÓXICO"

Os alumnos-as de 5º de Ed. Infantil remataron a unidade "Un castelo ecolóxico", levando para casa os seus propios castelos.


domingo, 3 de febreiro de 2019

"TRABALLANDO POLA PAZ"

Foron moitas as actividades que se fixeron nas aulas para traballar o DÍA DA PAZ. Aquí vos amosamos algunhas delas.

En 6º B de Ed. Infantil traballaron a partir da curtametraxe "Cuerdas", representando á súa maneira o que significaba para eles sentimentos como a solidariedade ou a amizade.



Aprendemos moito de sentimentos e emocións a partir do conto "El hombrecillo de papel".



E fixemos moitos traballiños para levar a casa.