domingo, 24 de novembro de 2019

"25 N. DÍA DA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

O luns 25 de novembro, os alumnos-as de Ed. Infantil saíron xunto a todo o resto do alumnado do centro, para expresar o seu rexeitamento á violencia de xénero.



25 N. Día Internacional contra a violencia de xénero. by Slidely Slideshow

Aquí vos deixamos un fermoso conto para os nenos e nenas de Ed. Infantil relacionado con esta conmemoración.


Aquí están algúns dos traballos que fixeron os nosos alumnos-as para este día.




"EXPERIENCIAS EN 3 ANOS"

Aprendemos moito e de forma moi divertida. Garabateo, rasgado...


E tamén aprendemos a contar coas nosas primeiras experiencias ABN


"TEMPO DE OUTONO"

Os alumnos-as de 5º e 6º de Ed. Infantil elaboraron entre todos este fermoso mural de OUTONO, para decorar o noso cole.



luns, 18 de novembro de 2019

"THE TIN SOLDIER"

Os alumnos-as de 5º e 6º de Ed. Infantil asistiron o mércores 13 de novembro á función de Teatro en Inglés "The Tin Soldier", actividade programada pola Concellalía de Educación do Concello de Ourense no Auditorio Municipal. Foi moi divertida.





Ademais, a nosa alumna de 6º A de Ed. Inf. Sandra, saíu ao escenario a demostrar as súas dotes como actriz.


mércores, 13 de novembro de 2019

"MAGOSTO 2019"

E chegou o Magosto, e con el, o tempo de comer as castañas todos xuntos no patio.



Infantil Irmáns Villar CEIP Irmáns Villar de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

E tamén posamos cos nosos traballos do Magosto









domingo, 10 de novembro de 2019

"FESTA DO SAMAÍN"

Durante toda a semana os alumnos-as de Ed. Infantil realizaron diferentes actividades relacionadas coa festa do Samaín e, o venres, chegou a hora da gran festa coa exposición de cabazas, a degustación dos postres decorados de medo e o gran desfile de disfraces.


sábado, 9 de novembro de 2019

"LECTURAS TERRORÍFICAS NO SAMAÍN"

Durante a semana de celebración do Samaín, os alumnos-as de 5º de primaria contaron historias de medo ao resto do alumnado do cole e tamén, por suposto, aos nenos-as de Ed. Infantil.