luns, 27 de abril de 2020

"SEGUIMOS APRENDENDO EN TEMPO DE CORENTENA 2"

OLA FAMILIAS!
Aquí vos deixamos o traballo para esta semana (27/04). Boa semana e coidaros moito!!

Aprendemos en confinamento 2

Esta semana non podemos esquecer que o domingo, día 3 de maio, celebrariamos o DÍA DOS MAIOS. Unha festa moi tradicional na nosa cidade. Este ano non podemos dar un paseo pola rúa para contemplar as diferentes obras, pero si vos deixamos uns dibuxiños que podedes colorear cos nenos-as para non esquecer esta celebración tan nosa.






Ademais, lembrade que tedes moito máis material para traballar cos nenos e nenas na entrada do blog:


E tamén, por suposto, temos que ter un ratiño para facer exercicio. Aquí vos deixamos un vídeo de ZUMBA para os peques:


domingo, 26 de abril de 2020

"XA PODEMOS SAÍR, PERO CON COIDADO"

A partir do domingo 26 de abril, os nenos e nenas poderán saír por fin un ratiño á rúa. Ben merecido o teñen, porque foron uns campións todo este tempo. Comportáronse como superheroes e superheroínas e, seguro que tamén o serán cando empecen a saír e por iso deixamos aquí este bonito conto para demostralo.

CONTO "SUPERHÉROE CONTRA EL VIRUS"

E, tamén, outro precioso conto para non esquecer que moi pronto volveremos a estar todos xuntos e que TODO VAI SAÍR BEN.

Conto "Bailaremos baixo unha estrela"


xoves, 23 de abril de 2020

"DÍA DO LIBRO 2020"

A pesar de estar pasando por esta situación tan complicada, non podemos esquecer que o xoves, 23 de abril, celebramos o DÍA DO LIBRO. Esta é unha conmemoración que non podemos deixar de celebrar. Xa sabemos que en casa seguro que os nenos e nenas de Infantil de Irmáns Villar están mirando e escoitando das súas familias moitos contos.
Como este ano non podemos estar no cole para celebralo todos xuntos-as, pedímoslles aos axudantes da Biblio do noso cole (A Biblio de Irvi), que nos enviaran vídeos dende a súa casa nos que nos contaran contos, por que lles gusta ler, os seus libros favoritos... e os subimos ao BLOG da biblio. Aquí tedes o enlace para velos. 
Ah!, e hai unha sorpresa. Nun deles sae unha das nosas peques: Vera de 5º A de Ed. Infantil, coa súa irmá Maia e a súa nai.

DÍA DO LIBRO 2020
Tamén vos deixamos estas dúas fichas que podedes traballar na casa para celebrar este día:


mércores, 22 de abril de 2020

"SEGUIMOS APRENDENDO EN TEMPO DE CORENTENA NA CASA"



Ola familias!
Por desgracia, aínda non podemos voltar ao cole como sería o noso desexo e, seguro, que tamén o voso. Por iso, dende o equipo de Ed. Infantil, pensamos en ofreceros a posibilidade de, ademais, das actividades que vos propoñemos aquí no blog con enlaces a distintas fichas, xogos, contos..., unha actividade un pouco máis estructurada para facer cos vosos fillos e fillas na casa, que iremos metendo no blog cada semana ou quince días. Como sempre, estas actividades son totalmente voluntarias. En ningún caso pretendemos que agobiedes aos nenos-as neste momento tan complicado para eles e tan difícil de entender. Só é unha opción máis para reforzar o que xa sabían e para que non perdan a rutina de facer algo de traballo individual todos os días. Vos mesmos, elexide o momento ou o traballo que queredes que fagan. 
Xa sabedes que se necesitades poñeros en contacto con nós, podedes facelo a través da aplicación de ABALAR, ou a través do correo electrónico infantilivillar@gmail.com
Aquí vos deixamos unha breve explicación da actividade:





E, aquí, vos deixamos o traballo que vos propoñemos hoxe. Pinchade no enlace para acceder a el. Empezamos pola carpeta chamada DÍA 1:


Aprendemos en corentena 1

Tamén vos deixamos un recopilatorio de contos en Youtube (Blog vivencias con la Seño Nuria). Podedes atopar os contos favoritos dos nenos e nenas e tamén outros moi adecuados para os alumnos-as de 6º de Ed. Infantil, para traballar a lectoescritura.

Recopilatorio de Contos en Youtube

martes, 21 de abril de 2020

"QUE BONITO"

Sofía, de 5º A de infantil, nos regala este bonito debuxo que representa un tren no que van todos os seus compañeiros-as e a súa profe Adela. Moitas grazas Sofía!!!! 🧡