Chegou o día de despedir este curso 19-20. Este ano non puidemos facer festa, pero non queremos esquecernos dos alumn@s de 6º de Ed. Inf. que rematan esta etapa e, a partir de setembro, iniciarán unha nova andadura na súa vida, desexamos que chea de éxitos. MOITA SORTE!!!!
Dende o equipo de Ed. Infantil, queremos agradecer a implicación e colaboración das familias dos nosos alumn@s durante todo este curso, especialmente, a partir da suspensión das clases presenciais pola crisis do COVID 19. E, por suposto, a todos os nenos e nenas de Ed. Infantil do CEIP Irmáns Villar polo seu esforzo e ilusión por seguir aprendendo a pesar da situación pola que pasamos. Esperamos que o próximo curso poidamos volver á normalidade. SODES UNS CAMPI@NS!!!! 😍😍😍😍😍😍😍
MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!! 💗💗💗
As titoras de 6º de Ed. Inf. queren ofrecer aos seus alumn@s unhas orientacións para as vacacións de verán:
Ademais, tamén para os alumn@s de 6º de Ed. Infantil, aquí tedes unha bonita unidade sobre os "lumes", por se vos apetece traballar un pouquiño.
E non podemos esquecer seguir practicando un pouco este verán a lectoescritura. Os alumn@s de 6º de Ed. Infantil, pinchando na seguinte imaxe, poderán xogar e aprender as sílabas trabadas:
As titoras de 5º de Ed. Inf., tamén queren deixar algunhas recomendacións para os seus alumn@s para este verán.
Se queredes practicar cos nen@s na casa un pouco de cociña, aquí vos deixamos unha receita dun riquísimo postre:
E non esquezades os contos e a lectura. Lembrade que dende o Concello de Ourense regalan a todos os nenos e nenas un libro. Aquí vos deixamos a información:
FELICES VACACIÓNS!!!!