venres, 24 de decembro de 2021

BO NADAL!!!

 


Non esquezades incluír algún conto nas cartas a Papá Noel, Apalpador ou Reis Magos. Aquí vos deixamos as recomendacións que nos fan para Educación Infantil dende o Equipo da Biblioteca.


FELICES FESTAS!!!

Todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil queren desexarvos unhas moi FELICES FESTAS!!!






"CELEBRAMOS O FIN DE ANO"

 En 6º de Educación Infantil quixemos celebrar por adiantado o comezo do novo ano. Esperamos que veña cheo de saúde e felicidade para tod@s.






"DECORACIÓN NADAL 2021"

Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración para axudarnos a poñer o noso colexio tan fermoso polo Nadal. 😍😍😍





"CONTACONTOS POLO NADAL"

Aproveitando os días de Nadal sempre é divertido escoitar un conto. Nesta ocasión, a cargo de Pedro Brandariz, que nos contou "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis".



luns, 20 de decembro de 2021

FELICITACIÓN ALUMN@S EDUCACIÓN INFANTIL

Os alumnos e alumnas de Educación Infantil queren felicitarnos as FESTAS con esta panxoliña. Que ben o fixeron!!!!😍😍👏🏻👏🏻👏🏻👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽



mércores, 8 de decembro de 2021

"PROPOSTAS DE NADAL"

En 6º de Ed. Infantil, xa empezamos a experimentar coas novas "Propostas", relacionadas co Nadal: subitización, lectoescritura, creatividade, seriación, grafomotricidade... 

Seguimos aprendendo a través do xogo e a experimentación, descubrindo do que son capaces os nosos alumn@s.








domingo, 28 de novembro de 2021

venres, 19 de novembro de 2021

"POUCO A POUCO AVANZANDO CARA Á NORMALIDADE"

Por fin voltaron ao noso patio de infantil as brincadeiras para que os nosos alumn@s gocen no recreo!!! 😍😍😍



"XOGANDO COAS FORMAS XEOMÉTRICAS"

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil aprenden de forma lúdica as formas xeométricas grazas a este xogo con figuras imantadas.


 

martes, 16 de novembro de 2021

"MAGOSTO 2021"

En Educación Infantil quixemos festexar durante a última semana o MAGOSTO, unha celebración con tanta tradición na nosa cidade, ademais de comendo as castañas, facendo diferentes traballiños para decorar o cole e levar para casa.


 



luns, 1 de novembro de 2021

"SAMAÍN 2021"

Chegou unha das festas máis agardadas polas nenas e nenos de Ed. Infantil, o SAMAÍN. O venres acudimos ao cole con terroríficos disfraces para pasar este día e visitamos a exposición dos Calacús elaborados polos alumn@s do noso cole coa axuda das súas familias. Moitas grazas pola colaboración!!!

4º ED. INFANTIL








5ºA ED. INFANTIL






6ºB ED. INFANTIL





6ºA ED. INFANTIL





Posamos no "Photocall", con divertidas máscaras e lucindo os nosos disfraces.







Pasamos un pouco de medo vendo "A Bruxa Regañadentes",  nun ambiente tenebroso cheo de fume e misterio.



E, o día anterior, posamos coas cabazas que con tanto esmero decoramos nas casas e tamén cos traballos que fixemos estes días no cole.



5ºA ED. INFANTIL




5ºB ED. INFANTIL







Ademais, en 6º de Ed. Infantil, experimentamos e xogamos coa Luz Negra.





domingo, 24 de outubro de 2021

"TEMPO DE OUTONO"

 Os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil (3 anos), están aprendendo moitas cousas sobre o OUTONO.

Coñecen cales son as cores desta estación, pintando follas.



Con estas follas fixeron entre tod@s un bonito mural para decorar a aula.



E tamén puideron observar, manipular, probar e facer distintas actividades como clasificar, cos riquísimos froitos típicos desta estación.



Para seguir aprendendo sobre o OUTONO, aquí vos deixamos este Genially.

xoves, 21 de outubro de 2021

"COMEZAMOS A VIAXE!!!"

Tamén os alumnos e alumnas de Educación Infantil comezaron a recibir nas súas casas a visita da "Mochila Viaxeira", dende a Biblio de IRVI
Feliz Viaxe e a gozar moitísimo coas aventuras que van no seu interior!!!




martes, 12 de outubro de 2021

"APRENDENDO E XOGANDO"

Aprendendo a través da manipulación e o xogo. 

Propostas de vida práctica en 5º e 6º de Ed. Infantil. Creatividade; a través de trasvases experimentamos sensacións, motricidade fina, sentido do número e lóxica-matemática, imaxinación, vida moderna con tempos prehistóricos. Outono. Gozamos e aprendemos.








Aproveitando as novas de actualidade como a erupción do volcán da illa de "La Palma", as nenas e nenos de educación infantil puideron ver como é unha "pequena erupción" co experimento elaborado polos alumn@s de 2º de Primaria. Moitas grazas por compartilo con nós.





E, grazas ás familias do noso alumnado, dende o noso cole quixemos apoiar a toda a poboación de "La Palma", comendo agora e sempre os riquísimos e saudables plátanos de Canarias.




xoves, 7 de outubro de 2021

"EXPERIMENTANDO COA AREA"

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil experimentaron coa area e descubriron que nela había moitos "tesoros agochados".



E, ademais, tamén a empregaron para debuxar e practicar a facer os números dunha maneira moi divertida coa caixa de luz.



domingo, 26 de setembro de 2021

"NOVAS EXPERIENCIAS EN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL"

 Durante esta semana, os nen@s de 6º de Ed. infantil, queren seguir coñecendo as diferentes formas da vogal A a través de diferentes actividades, como o conto "Splat, o Gato",



Aprendemos os números, contamos para adiante e para atrás coa alfombra numérica.



Xogamos e aprendemos coa caixa de luz e creando nos minimundos, lembrando as nosas vacacións de verán.