domingo, 28 de febreiro de 2021

"PORTAS ABERTAS VIRTUAL C.E.I.P. PLURILINGÜE IRMÁNS VILLAR"



Este ano, debido á situación creada pola pandemia, non tivemos a oportunidade de facer a nosa xornada de portas abertas para as familias de futuros alumn@s. Por iso, queremos darvos a oportunidade de que vexades un pouco como somos e o que facemos. 

Somos un equipo de mestras e mestres con gran ilusión e moitas gañas de seguir ensinando. 

Esperámosvos o vindeiro curso no CEIP Plurilingüe Irmáns Villar!!!!




"EXPERIMENTANDO COA LUZ NA ESCURIDADE"

Os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil, debuxando con rotuladores fluorescentes experimentaron coa escuridade. Debuxo libre, creatividade, experimentación, maxia.

PREPARAD@S...


QUE VEMOS????




xoves, 25 de febreiro de 2021

"CELEBRACIÓN 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

Achegámonos á celebración do Día Internacional da Muller,  o 8 de marzo e, dende o equipo de Dinamización Lingüística do noso cole, propóñennos unha fermosa actividade conxunta para todo o alumnado do centro. Tedes a información na seguinte nota.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!



mércores, 24 de febreiro de 2021

"DÍA DE ROSALÍA"

Como cada 24 de febreiro, festexamos o DÍA DE ROSALÍA, conmemorando o aniversario do seu nacemento. Os alumnos e as alumnas de Ed. Infantil quixeron homenaxear á nosa escritora máis ilustre.

Cos seus traballos...







E recitando os seus poemas:
 
Os nenos e nenas de 6º A de Ed. Infantil.







Os nenos e nenas de 6ºB de Ed. Infantil




E, tamén, as nenas e nenos de 5º de Ed. Infantil.












domingo, 21 de febreiro de 2021

"DÍA DA LINGUA MATERNA 2021"

Hoxe, 21 de febreiro, conmemórase o "Día da Lingua Materna". Parabéns a todas as galegas e galegos pola nosa lingua.





sábado, 13 de febreiro de 2021

"ENTROIDO 2021"

Aínda que este ano o Entroido é moi diferente, non deixamos de seguir durante esta semana, as ordes do MECO, facer máscaras e antifaces e tamén, lucir os nosos disfraces favoritos o venres.



venres, 12 de febreiro de 2021

"FACEMOS EXPERIMENTOS"

Esta semana tamén aproveitamos para elaborar varios experimentos cos nosos "pequen@s científic@s", conmemorando o Día da Muller e a Nena na Ciencia:

1º Presentamos o experimento: "Imos convertirnos en científic@s", "Imos experimentar".

2º Presentamos e describimos os materiais que precisamos para facer o experimento.

3º Facemos o experimento explicando os pasos e, no seu caso, as medidas necesarias.

4º Que pasou? Saiu o que esperabamos?

Observamos, falamos, pensamos, tomamos medidas, contamos, tocamos e manipulamos..., e nos días posteriores, representaremos graficamente o que fixemos.

Experimento "Descomposición de cores", Experimento "Electricidade Estática con globo", Experimento "Facemos neve"







E todas e todos, no CEIP Irmáns Villar, queremos dicir "NON MÁIS MATILDAS", levando esta chapiña.


xoves, 11 de febreiro de 2021

"11 DE FEBREIRO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"

 Este xoves, día 11, como cada ano, celébrase o "Día da muller e a nena na ciencia", establecido pola ONU. Oxalá  haxa moitas nenas que queiran convertirse en científicas no futuro. 

Nestes vídeos podemos ver a historia dalgunhas das científicas máis destacadas da historia.






martes, 9 de febreiro de 2021

"NEVE NO COLE"

Hoxe, á volta do recreo, atopámonos cunha sorpresa. Xa que na nosa cidade é difícil que neve, a "neve" chegou á nosa aula. Estamos no inverno, todo pode pasar. Experimentamos, probamos, manchámonooos. Sensacións e diferentes texturas: brando ou duro, suave ou rugoso, frío ou quente. É igual que a neve de verdade? Xogamos e tamén aprendemos. Debuxamos e escribimos na neve. Creatividade e, por suposto, diversión.


5ºA ED. INFANTIL







5ºB ED. INFANTIL








venres, 5 de febreiro de 2021

"COMENZA O ENTROIDO"

 Xa está o MECO no noso cole disposto a dar as súas ordes. Facédelle caso porque senon, vaise enfadar moito 😄😄😄😄😄😄