domingo, 28 de marzo de 2021

"FESTEXANDO O DÍA DA POESÍA"

Os nenos e nenas de Educación Infantil, recitaron fragmentos de poemas para festexar a celebración do Día da Poesía o 21 de marzo.










"PROPOSTAS DE VIDA PRÁCTICA 5º ED. INFANTIL"

Rematou o 2º trimestre e aquí vos ensinamos algunhas das aprendizaxes que fixeron os alumn@s de 5º de Ed. Infantil a través das bandexas de propostas da vida práctica. (Trasvase de líquidos, debuxo libre, grafomotricidade e creatividade, observación, discriminación e comparación, inverno). 






E tamén despedimos o INVERNO, que os nen@s representaron nos minimundos.





venres, 19 de marzo de 2021

"EXPERIENCIAS MUSICAIS"

Estes días, os alumn@s de Ed. Infantil disfrutaron experimentando con sons co Profe Xabier na clase de música.

Ritmos con caldeiros, traballando a psicomotricidade fina. Ritmos básicos de acompañamento e xogos de intensidade e velocidade do son, coñecendo o seu corpo e as súas propias posibilidades.


Coñecendo a escala musical e como é o son de cada nota. E, nesta ocasión, traballando a intensidade e a velocidade do son con ovos maraca.




"A PREHITORIA EN 4º ED. INFANTIL"

 Os nen@s de 4º de Ed. Infantil seguen aprendendo sobre a Prehistoria, experimentando con diferentes materiais como pedras ou lá.



E tamén practicando a Pintura Rupestre, con pinturas naturais, a base de elementos como café, pemento, azafrán, cacao...








martes, 9 de marzo de 2021

"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER EN EDUCACIÓN INFANTIL"

No CEIP Irmáns Villar, as nenas e nenos de educación infantil, quixeron unirse á celebración do 8M con todo o seu entusiasmo e enerxía.

T

Tod@s xunt@s queremos deixar a nosa pegada para alcanzar a igualdade entre mulleres e homes.


E, tamén queremos agradecer a participación de todas as familias para que o Equipo de Dinamización Lingüística fixera esta fermosa montaxe para homenaxear ás MULLERES DA NOSA VIDA.




domingo, 7 de marzo de 2021

"IOGA NO PATIO DE EDUCACIÓN INFANTIL"

Esta semana, aproveitando o bo tempo, @s alumn@s de Educación Infantil, practicaron IOGA, nas súas clases de psicomotricidade.






"EXPERIENCIAS NAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL"

Esta semana vivimos novas experiencias nas diferentes aulas de Ed. Infantil.

Os nen@s de 3 anos estrearon novos xogos



Os alumn@s de 5ºB Ed. Infantil, celebraron os aniversarios dos nenos e nenas que acaban de cumprir anos.



En 5ºA de Ed. Infantil, os encargad@s traballan na pizarra.


E, por suposto, preparámonos para celebrar o día 8 de marzo, O Día Internacional da Muller.



martes, 2 de marzo de 2021

"APRENDENDO SOBRE A PREHISTORIA"

Os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil están traballando o Proxecto sobre a Prehistoria. Cada día nos sorprenden os máis pequen@s do noso cole. Como Triana, que trouxo ao cole un precioso traballo que fixo na súa casa coa axuda da súa familia sobre este tema. Moitas grazas por compartilo con todos os seus compañeir@s.


E, na clase, aprendemos como eran as súas xoias, como pintaban ou se vestían.



"ANIMAIS NO INVERNO"

A "Profe Dennis" quixo despedirse dos seus alumn@s da clase violeta, facendo unha manualidade moi divertida: unha foquiña con pasta de modelar. Grazas!!!