martes, 27 de abril de 2021

"SEMENTANDO"

Tempo de Primavera. Tempo de sementar. Os nenos e nenas de Ed. Infantil, aprenden como nacen, crecen e son as plantas. 

Os alumn@s de 6º de Ed. Infantil xa teñen as súas sementes plantandas. Agora toca agardar que crezan...



domingo, 25 de abril de 2021

"FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO"

Os nenos e nenas de Ed. Infantil tamén quixeron conmemorar o DÍA DO LIBRO. 






E, a Samuel, de 5ºB de Ed. Infantil, encántanlle os "Tractores" e disfruta moito con libros como este.



"PROXECTO ANIMAIS DA GRANXA 3 ANOS"

Os nenos e nenas de 4º de Ed. seguen co seu proxecto de Animais da Granxa e, aproveitando que estamos en plena primavera, saíron ao patio para decorar unha ovella ben presumida, engalanada con moitas flores. Ademais esta actividade serviulles para traballar a lectoescritura, seguindo o trazo da vogal O.





domingo, 18 de abril de 2021

"PROXECTO ANIMAIS DA GRANXA 4º ED. INFANTIL"

Os alumnos e alumnas de 4º de Ed. Infantil están aprendendo moitas cousas sobre os animais da granxa. Que comen?, como nacen?, que nos dan? Un destes animais é a VACA. Aprendemos que é un mamífero e que a súa comida favorita é a herba.


E, despois, chegou o momento de "muxir" as nosas vaquiñas. Que ben o pasaron os nosos peques!








mércores, 7 de abril de 2021

"EXPERIMENTANDO COA LUZ NEGRA"

Os nenos e nenas de 4º Ed. Infantil tiveron unha nova oportunidade de experimentar coa luz negra. Outra forma de ver as súas creacións.