Aprendendo a través da manipulación e o xogo.
Propostas de vida práctica en 5º e 6º de Ed. Infantil. Creatividade; a través de trasvases experimentamos sensacións, motricidade fina, sentido do número e lóxica-matemática, imaxinación, vida moderna con tempos prehistóricos. Outono. Gozamos e aprendemos.
Aproveitando as novas de actualidade como a erupción do volcán da illa de "La Palma", as nenas e nenos de educación infantil puideron ver como é unha "pequena erupción" co experimento elaborado polos alumn@s de 2º de Primaria. Moitas grazas por compartilo con nós.
E, grazas ás familias do noso alumnado, dende o noso cole quixemos apoiar a toda a poboación de "La Palma", comendo agora e sempre os riquísimos e saudables plátanos de Canarias.