domingo, 22 de maio de 2022

"CONTACONTOS UXÍA MORÁN"

O venres puidemos gozar cos contos de UXÍA MORÁN, que ademais, é nai dunha alumna do noso cole. Unha actividade, organizada polo equipo da Biblioteca do noso colexio, enmarcada dentro das actividades adicadas á celebración do Día do Libro 2022. Podedes ver as fotos publicadas no Blog da Biblio pinchando na seguinte imaxe.



"1ª COLLEITA DO NOSO HORTO"

Xa temos a nosa primeira colleita do Hortiño de Infantil. O venres sorteamos as leitugas entre os nenos e as nenas das diferentes clases para levar para casa.


E xa comezamos a sembrar de novo. Esta vez porros e espinacas.



martes, 17 de maio de 2022

"LETRAS GALEGAS 2022"

Que fermosa charla da Profe Loli coa súa alumna Sabela sobre o Galego e sobre a obra de Florencio Delgado Gurriarán.


O venres celebramos o Día das Letras Galegas co concerto de CE ORQUESTRA PANTASMA, que nos fixo cantar e bailar con moito ritmo.



E traballamos sobre a vida e obra do autor ao que este ano se adica o Día das Letras Galegas: Florecio Delgado Gurriarán.



"EXCURSIÓN MARCELLE"

O martes realizamos a nosa excursión de fin de curso. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Ed. Infantil foron ao Parque de Natureza de Marcelle en Outeiro de Rei (Lugo).



 

luns, 16 de maio de 2022

"CONTACONTOS ALUMN@S PRIMARIA"

Esta semana tamén tivemos o contacontos preparado por alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria para os seus compañeir@s de Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria, con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO, e organizado polo equipo da Biblioteca. Pinchando na seguinte imaxe podedes ver as imaxes publicadas no blog da biblioteca.



"DE OVO A POLIÑO"

Durante estes últimos días tivemos "novos alumn@s" no noso cole. Os nenos e nenas de Ed. Infantil puideron observar como dun ovo que eles coñecen de ver nas súas casas, saíron uns bonitos poliños. Algúns marcharon o venres para casa cun deles moi ledos.













"ACTIVIDADE VIALIA: EDUCACIÓN VIAL"

As alumnas e alumnos de 6º de Ed. Infantil tiveron este mércores pasado unha actividade adicada ao fomento da educación vial: VIALIA, promovida pola Concellalía de Educación do Concello de Ourense.



mércores, 4 de maio de 2022

"FESTA DOS MAIOS 2022"

Non podiamos deixar de celebrar a nosa Festa dos MAIOS. Todos xunt@s saímos ao patio para facer o noso  Maio.





E os nenos e nenas plasmaron nos seus debuxos o seu propio Maio.