Como cada 25 de novembro, o CEIP P. IRMÁNS VILLAR, quere demostrar o seu rexeitamento á Violencia de Xénero:
PISANDO FORTE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Como cada 25 de novembro, o CEIP P. IRMÁNS VILLAR, quere demostrar o seu rexeitamento á Violencia de Xénero:
PISANDO FORTE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Despois do Samaín, chegou o MAGOSTO. Durante toda a semana preparámonos para a festa do xoves, na que comemos castañas e cantamos e bailamos acompañados dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria. Veunos de marabilla a súa axuda para pelar as castañas e os nosos "peques" estaban encantad@s coa súa compañía.
Onte, martes, tivemos a sorte de recibir a visita de membros de ASANOG (Asociación de Axuda a Nen@s Oncolóxicos de Galicia). Con Lucía e SpidermanVigo, a través do conto de Gasparín, os nenos e nenas de infantil puideron entender un pouco a realidade doutros nen@s que, por desgracia, teñen que vivir esta enfermidade. E, todos xunt@s celebramos que o noso alumno SuperDaniel xa venceu a enfermidade. PARABENS!!!
Moitas grazas a ASANOG e á mamá de Dani.
Durante todo este mes, na Biblioteca NOS da nosa cidade haberá actividades dedicadas aos máis pequen@s relacionadas coa ciencia. Podedes ver a lista pinchando na seguinte imaxe.
Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil pasárono en grande co proxecto "1, 2, 3 a xogar", adicado ao coñecemento dos xogos tradicionais.
Os alumn@s de 6ºA de infantil encheron a súa aula de OUTONO amosando as súas dotes artísticas con todo tipo de elementos naturais desta estación.