luns, 26 de decembro de 2022

"NADAL 2022"

A época do Nadal está chea de ilusión para os nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil. Durante estes días realizamos moitas actividades para celebrar estas festas e preparámonos con moitas gañas para o Festival do último día.









Moitas grazas a todas as familias que nos axudastes a decorar o cole cos vosos adornos feitos con material de refugallo.









E, por suposto, non puido faltar a Visita de Papá Noel que tanta ilusión lle fixo aos nosos peques.







domingo, 25 de decembro de 2022

"ANIVERSARIOS MES DE DECEMBRO"

No derradeiro mes do ano tamén celebramos aniversarios dos nosos alumn@s, algúns deles serán durante as vacacións, pero quixeron convidar aos seus compañeir@s de clase antes do Nadal. Neste caso foron Mireia, Ali e Sula os que celebran os seus 5 aniños.



martes, 20 de decembro de 2022

“ANIVERSARIOS 1ºTRIMESTRE 5 ANOS B”

Na clase de 5 anos B durante este trimestre festexaron os aniversarios de Rodrigo, Dani, Álex, Sara e Haitam. PARABÉNS!!!!



mércores, 14 de decembro de 2022

"AS FAMILIAS CONTAN": BEATRIZ E ARIADNA

Hoxe tivemos unha nova sesión de contacontos das familias dos nos@s alumn@s. Nesta ocasión foron Beatriz e Ariadna de 4º de Infantil as que nos contaron dous contos marabillosos: "Un día de Neve" e "A veces mamá tiene truenos en la cabeza".






luns, 12 de decembro de 2022

"ANIVERSARIOS MES DE NOVEMBRO"

No mes de novembro celebramos os aniversarios de...






E, non queremos esquecernos de Sheila, Yair e Claudia que estiveron de aniversario durante as vacacións de verán, pero tamén o quixeron celebrar cos seus compañeir@s no cole.



martes, 6 de decembro de 2022

"AS FAMILIAS CONTAN: MARTA E ANXO"

Por fin, despois dos últimos cursos obrigados pola situación sanitaria, retomamos a actividade "As familias Contan". Familiares dos nosos alumn@s visitan o noso cole para contarnos os seus contos favoritos. Nesta ocasión foi Marta, mamá de Anxo de 4ºA de Ed. Infantil, a que nos contou dunha forma marabillosa os contos A Cebra Camila e A Eiruguiña comellona.