domingo, 24 de decembro de 2023

"BO NADAL E FELIZ 2024"

Diseño

"FESTA DE NADAL"

O último día celebramos unha Festa de Nadal e Fin de ano moi divertida todos xuntos no patio.


Festa de nadal

Non podemos esquecer felicitar ás nosas premiadas no Concurso de Postais de Nadal: Ariadna e Lúa. ( Pinchando na imaxe podedes ver o resto dos premiad@s).



"VISITA PAPÁ NOEL"

Este ano Papá Noel tampouco se esqueceu dos nenos e nenas de Irmáns Villar.



"PREPARANDO O NADAL"

 Os "peques" de 4ºB de Infantil, traballaron moito os últimos días preparando o Nadal, tanto no cole, como nas súas casas, axudándonos a adornar o noso cole.



sábado, 23 de decembro de 2023

"ANIVERSARIOS MES DE DECEMBRO"

No mes de Decembro tamén celebramos aniversarios dos nosos peques.




 

"PROXECTO A NOSA CIDADE: OURENSE"

Os nenos e nenas de 6º de Infantil estiveron levando a cabo durante este trimestre o proxecto "A nosa cidade: Ourense". Ao rematar fixeron unha exposición de todos os seus marabillosos traballos. 


A NOSA CIDADE: OURENSE

venres, 22 de decembro de 2023

"NUTRIESCOLA: BROCHETAS DE FROITA DIVERTIDAS"

Dentro do Programa Nutriescola do que forma parte o noso colexio este curso, quixemos facer unha actividade moi divertida este Nadal: unhas "brochetas" de froita de Papá Noel moi divertidas e moi ricas.



xoves, 7 de decembro de 2023

"NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS"

O mes de novembro dedícase nas Bibliotecas á Ciencia en galego. En Educación Infantil quixemos unirnos a esta conmemoración. Pinchando na seguinte imaxe veredes o ben que o pasaron os máis peques de 4º de Infantil.



domingo, 3 de decembro de 2023

"ANIVERSARIOS MES DE NOVEMBRO"

Moitos Parabéns aos nos@s peques que cumpriron anos durante o mes de Novembro!🎂 💙💙💙💛💛💛💛






domingo, 26 de novembro de 2023

domingo, 12 de novembro de 2023

"MAGOSTO 2023"

Un ano máis celebramos a festa máis tradicional da nosa cidade: 

O MAGOSTO


Pero durante toda a semana fixemos actividades en todas as aulas para celebralo, como este mural realizado polos nenos e nenas de 5º de Infantil. Primeiro representaron a fogueira pintando de diferentes cores e despois, estamparon castañas con témpera marrón.




E tamén manualidades que levamos para casa.



mércores, 1 de novembro de 2023

"CELEBRACIÓN SAMAÍN 2023"

Como cada ano, desfrutamos moito coa celebración do SAMAÍN durante toda esta semana. Ambientamos o noso cole e, fixemos un montón de actividades e traballiños nas aulas, e por suposto, bailamos e gozamos na festa do último día.


SAMAÍN 2023
halloween

"ANIVERSARIOS MES DE OUTUBRO"

Moitos Parabéns aos nosos alumnos e alumnas que estiveron de aniversario durante o mes de



outubro!!






 

xoves, 5 de outubro de 2023

"PRIMEIROS DÍAS DE COLE"

Case cumprido o primeiro mes de curso, e despois de pasado o período de adaptación dos nosos peques de 4º de Infantil, aquí vos amosamos algunhas fotos dos nos@s alumn@s nos primeiros días de cole en diferentes actividades.


EMPEZAMOS O COLE

luns, 2 de outubro de 2023

"CELEBRACIÓN ANIVERSARIOS SETEMBRO"

Comeza un novo curso e veu cheo de celebracións de aniversarios. Recuperamos as dos nenos e nenas que cumpriron durante as vacacións e, por suposto, os que cumpriron durante este mes. 

PARABÉNS A TOD@S!!!! 🎂💓












xoves, 22 de xuño de 2023

"RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN"

Queremos deixarvos uns conselliños para seguir cos nenos-as este verán, sempre tendo en conta a idade, pero sobre todo gozade e desfrutade moito do tempo que pasedes xuntos.

FELIZ VERÁN! ATA SETEMBRO!



"FIN DE CURSO"

Os 3 últimos días do curso, xa rematado o traballo do curso, dedicámolos á festa, a xogar e a divertirnos tod@s xunt@s.


Presentación fin de curso



“ANIVERSARIOS XUÑO”

Chegamos ao derradeiro mês deste curso, pero non queremos deixar de felicitar aos nos@s alumn@s que cumpriron anos durante este mes.







mércores, 21 de xuño de 2023

"PROXECTO EIRUGAS DE SEDA"

Durante o último trimestre de curso, en Infantil desenvolvemos un proxecto relacionado co ciclo de vida da bolboreta, a partir da cría dos eirugas de seda. Os nos@ alumn@s puideron experimentar todo o proceso participando no seu coidado. Aquí vos deixamos unha mostra, neste caso dos nenos e nenas de 4º de Infantil.


proxecto gusanos de seda

luns, 19 de xuño de 2023

"AS FAMILIAS CONTAN: EIRA E UXÍA"

Pechamos por este curso a participación das familias dos nos@s alumn@s na actividade "As familias contan", con EIRA e a súa nai UXÍA, que nos contaron o libro "Ayúdame a dibujar un pato".

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR VIR CONTARNOS OS SEUS LIBROS FAVORITOS!


As familias contan: Eira e Uxía

xoves, 8 de xuño de 2023

"ANDAINA SOLIDARIA 120 KM. DE ILUSIÓN"

 


E chegou o día en que toda a comunidade educativa do CEIP Irmáns Villar quixo unirse a este reto solidaria cunha pequena andaina ao redor do cole.

120 KM. DE ILUSIÓN

mércores, 7 de xuño de 2023

"DE OVO A XOANIÑA"

Aprendendo da natureza. Os nenos e nenas de 6ºA de Infantil observaron e descubriron a importancia dos insectos para a vida do horto, como medio de controlar as pragas. E tamén, a partir dun libro coñeceron  o seu ciclo de vida.


DE OVO A XOANIÑA de anacarrera

martes, 6 de xuño de 2023

“ANIVERSARIOS MAIO”

E xa rematamos o mes de Maio e coma sempre queremos felicitar aos nos@s peques que cumpriron anos este mes que pasou.







venres, 2 de xuño de 2023

“A NOSA PRIMEIRA COLLEITA”

Xa chegou o momento de recoller a nosa primeira colleita do noso horto: unhas ricas leitugas. Non había para tod@s e tivemos que sortealas. Os agraciad@s marcharon moi led@s para casa.


No caso dos nenos e nenas de 5º de Infantil decidiron desfrutar dunha rica e sana merenda de media mañá todos xuntos no cole participando na súa elaboración.

Preparamos unha rica ensalada

xoves, 1 de xuño de 2023

"PROXECTO EDUCACIÓN VIAL"

Seguindo co proxecto integral que levamos a cabo no noso colexio relacionado coa Educación Vial, o martes e o mércores recibimos a visita da Garda Civil e a Policía Nacional que fixeron gozar aos noso peques montándoos nas súas motos e coches, e explicáronlles moitas cousas relacionadas co seu traballo.


PROXECTO EDUCACIÓN VIAL

venres, 26 de maio de 2023

"IMOS DE EXCURSIÓN"

Xa case rematado o curso, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Infantil puideron desfrutar dun fermoso día de excursión á Casa do Patrón en Lalín, onde viviron novas e diferentes experiencias.



venres, 12 de maio de 2023

"O NOSO HORTO"

Xa avanzada a Primavera, é o momento de plantar no noso HORTO. Tod@s xunt@s saímos ao patio, aproveitando o bo tempo, para poñer as nosas sementes (leitugas, cenorias, cebolas, plantas aromáticas...). Coidarémolo con moito mimo e esperamos que crezan moito 😋😋😋 




"AS FAMILIAS CONTAN: SANDRA, CHLOÉ E HUGO"

Esta semana tivemos unha nova sesión da actividade "As familias Contan". De novo unha nai dunha alumna de infantil. Sandra, que tamén é a nosa compañeira, acompañada de Chloé e de Hugo nos fixeron desfrutar cos contos "Voy a comedte" e "Pápote a bicos".


As familias contan: Sandra, Chloé e Hugo

sábado, 6 de maio de 2023

“EXPERIENCIAS DE PRIMAVERA”

A Primavera é unha época ideal para que os nenos e nenas aprendan e experimenten o que é o ciclo da vida dos seres vivos. Así o representan algúns alumn@s de 6ºB de Infantil.



 

domingo, 30 de abril de 2023

"ANIVERSARIOS MES DE ABRIL"

 Este mes estiveron de aniversario...




PARABENS!!!

"PROPOSTAS DE APRENDIZAXE DE PRIMAVERA 4º INFANTIL"

Chegou a Primavera e chega o tempo das cores, das flores... Os nenos e nenas de 4º de Infantil aprenden manipulando e xogando: coordinación manual, precisión, trasvase de líquidos, clasificación de elementos, Lectoescritura creativa...




mércores, 26 de abril de 2023

"AS FAMILIAS CONTAN: GALA E ANA"

Esta mañá a nosa compañeira, ANABEL, quixo participar na actividade "As familias contan", pero como mamá de GALA, de 4º de Infantil. Xuntas contáronnos dous fermosos contos: A que sabe a Lúa?, que é un dos favoritos dos nosos peques e o Monstruo Rosa.




martes, 25 de abril de 2023

“CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO “

Un ano máis unīmonos á celebración do DÍA DO LIBRO e aínda que tocou en domingo, o venres os voluntari@s da nosa biblioteca contáronlles contos aos seus compañeir@s de infantil. Podedes ver as fotos pinchando na seguinte imaxe.



mércores, 12 de abril de 2023

“DEBUXANDO A PRIMAVERA”

Os alumn@s de 3 anos quixeron dar a benvida á primavera decorando o patio cos seus debuxos.



“BUSCANDO OS OVIÑOS DE PASCUA”

 No último día, antes das vacacións, os “peques” de infantil disfrutaron buscando os ovos de Pascua no patio. Ao final atopáronos todos 😁😁



luns, 3 de abril de 2023

"FELICES VACACIÓNS"

Rematamos o 2º Trimestre. Chega o tempo de descansar un pouco para coller folgos para o último. O Equipo de Infantil desexámosvos unhas Boas vacacións!




"ANIVERSARIOS MES DE MARZO"

Este mes estivo cheo de celebracións de aniversarios. PARABÉNS A TODOS E TODAS!!





"BENVIDA PRIMAVERA"

Xa levamos uns días de PRIMAVERA e nas diferentes aulas de Infantil quixemos darlle a benvida como os alumn@s de 6ºA de Infantil que debuxaron unha fermosa Ameixeira.