venres, 26 de maio de 2023
"IMOS DE EXCURSIÓN"
xoves, 18 de maio de 2023
"CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS"
Hoxe tod@s xunt@s celebramos no polideportivo o Día da nosa Lingua, dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego.
"SOMOS CENTRO PLURILINGÜE"
Como centro plurilingüe recibimos a visita do Equipo de Kids & Us Ourense cos que desfrutamos dun divertido StoryTime.
venres, 12 de maio de 2023
"O NOSO HORTO"
Xa avanzada a Primavera, é o momento de plantar no noso HORTO. Tod@s xunt@s saímos ao patio, aproveitando o bo tempo, para poñer as nosas sementes (leitugas, cenorias, cebolas, plantas aromáticas...). Coidarémolo con moito mimo e esperamos que crezan moito 😋😋😋
"AS FAMILIAS CONTAN: SANDRA, CHLOÉ E HUGO"
Esta semana tivemos unha nova sesión da actividade "As familias Contan". De novo unha nai dunha alumna de infantil. Sandra, que tamén é a nosa compañeira, acompañada de Chloé e de Hugo nos fixeron desfrutar cos contos "Voy a comedte" e "Pápote a bicos".
domingo, 7 de maio de 2023
"AS NOSAS PLANTIÑAS DE PRIMAVERA"
Os nos@s peques de Infantil foron o venres moi content@s para casa coas súas pLantiñas de primavera.
"SAÍDA 6º EDUCACIÓN INFANTIL: VISITA A TÚA CIDADE"
O venres os alumnos e alumnas de 6º de Infantil foron de paseo pola nosa cidade. Descubriron e aprenderon moitas cousas bonitas que non sabían.
sábado, 6 de maio de 2023
“EXPERIENCIAS DE PRIMAVERA”
A Primavera é unha época ideal para que os nenos e nenas aprendan e experimenten o que é o ciclo da vida dos seres vivos. Así o representan algúns alumn@s de 6ºB de Infantil.