Queremos deixarvos uns conselliños para seguir cos nenos-as este verán, sempre tendo en conta a idade, pero sobre todo gozade e desfrutade moito do tempo que pasedes xuntos.
FELIZ VERÁN! ATA SETEMBRO!
Queremos deixarvos uns conselliños para seguir cos nenos-as este verán, sempre tendo en conta a idade, pero sobre todo gozade e desfrutade moito do tempo que pasedes xuntos.
FELIZ VERÁN! ATA SETEMBRO!
Os 3 últimos días do curso, xa rematado o traballo do curso, dedicámolos á festa, a xogar e a divertirnos tod@s xunt@s.
Chegamos ao derradeiro mês deste curso, pero non queremos deixar de felicitar aos nos@s alumn@s que cumpriron anos durante este mes.
Durante o último trimestre de curso, en Infantil desenvolvemos un proxecto relacionado co ciclo de vida da bolboreta, a partir da cría dos eirugas de seda. Os nos@ alumn@s puideron experimentar todo o proceso participando no seu coidado. Aquí vos deixamos unha mostra, neste caso dos nenos e nenas de 4º de Infantil.
Pechamos por este curso a participación das familias dos nos@s alumn@s na actividade "As familias contan", con EIRA e a súa nai UXÍA, que nos contaron o libro "Ayúdame a dibujar un pato".
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR VIR CONTARNOS OS SEUS LIBROS FAVORITOS!
Aprendendo da natureza. Os nenos e nenas de 6ºA de Infantil observaron e descubriron a importancia dos insectos para a vida do horto, como medio de controlar as pragas. E tamén, a partir dun libro coñeceron o seu ciclo de vida.
E xa rematamos o mes de Maio e coma sempre queremos felicitar aos nos@s peques que cumpriron anos este mes que pasou.
Xa chegou o momento de recoller a nosa primeira colleita do noso horto: unhas ricas leitugas. Non había para tod@s e tivemos que sortealas. Os agraciad@s marcharon moi led@s para casa.
No caso dos nenos e nenas de 5º de Infantil decidiron desfrutar dunha rica e sana merenda de media mañá todos xuntos no cole participando na súa elaboración.
Seguindo co proxecto integral que levamos a cabo no noso colexio relacionado coa Educación Vial, o martes e o mércores recibimos a visita da Garda Civil e a Policía Nacional que fixeron gozar aos noso peques montándoos nas súas motos e coches, e explicáronlles moitas cousas relacionadas co seu traballo.