luns, 25 de novembro de 2024

"25 N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES"

Con motivo da conmemoración do Día Internacional de eliminación da violencia contra a muller, en Educación Infantil participamos na actividade que se celebrou na pista polideportiva xunto co resto do alumnado do colexio.


25N 24-25

E, aproveitando dita celebración, tivemos o pracer de desfrutar coa contada do conto “Artur e Clementina”, grazas a Ana e Marta nais de Gala e Anxo de Educación infantil e, acompañadas tamén, de Sabela de 4º de primaria, irmá de Anxo e a súa curmá Mara de 3º. (Pinchando na imaxe podedes ver máis fotos no enlace ao blog da biblioteca)



domingo, 17 de novembro de 2024

"1º DÍA INFORMÁTICA E BIBLIOTECA"

Os nenos e nenas de 4 anos B xa comezaron hai unhas semanas a acudir á aula de informática e á Biblioteca.




domingo, 10 de novembro de 2024

"MAGOSTO 2024"

Despois da festa do Samaín, chegou a festa máis nosa O MAGOSTO. Todo o alumnado do colexio desfrutamos xuntos da festa no patio. Os peques de Educación Infantil acompañados dos seus amigos e amigas de 5º e 6º de Primaria.



domingo, 3 de novembro de 2024

"SAMAÍN 2024"

Esta semana celebramos o Samaín a tope. Moitas grazas familias pola vosa colaboración para adornar o colexio coas vasoiras e adornos elaborados na casa.



venres, 1 de novembro de 2024

"AS FAMILIAS CONTAN: ANXO E MARTA"

Como todos os cursos, as familias do noso alumnado de Educación Infantil, queren participar na actividade organizada dende a Biblioteca "AS FAMILIAS CONTAN"

Pinchando na imaxe podedes ver máis fotos.



“CELEBRACIÓN ANIVERSARIOS”

Seguimos celebrando os aniversarios dos nosos peques. Neste mes  aínda recuperamos algúns dos que cumpriron durante as vacacións de verán, como UXÍA, SHARON e ANXO que cumpriron 5 anos.

Tamén recuperamos a celebración dalgún aniversario que non puidemos publicar en setembro: THIAGO, PAULA, UXÍA E NAÍM.

E, por suposto, os que estiveron de aniversario neste mes de outubro que acabamos de rematar: ZOE VICTORIA, MARCO, EMA DANIELA, DYLAN, LARA, NAIARA, LUZMAIRYS, JEYCKO, FABIO E KHADIDJA. 

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!!!

PARABÉNS!