domingo, 22 de decembro de 2024

"VISITA PAPÁ NOEL"

Un ano máis tivemos a sorte de que Papá Noel viñera ao noso cole a visitar aos nosos nenos e nenas de infantil, antes de pasar polas casas a repartir os agasallos que pediron. 

VISITA PAPÁ NOEL

sábado, 21 de decembro de 2024

"UN VISITANTE MOI TRAVESO"

Estes días tivemos un visitante moi traveso no corredor de Infantil que estivo facendo trasnadas durante toda a semana nas aulas de 6º de Infantil.


UN ELFO ANDA SOLTO EN 6º INFANTIL

venres, 20 de decembro de 2024

"AS FAMILIAS CONTAN: ARI E BEATRIZ"

Esta semana desfrutamos dunha nova contada dunha das nosas alumnas de Infantil. Nesta ocasión foi Ari de 6ºA de Infantil coa súa nai Beatriz as que nos visitaron. Podedes acceder ao enlace do blog da biblioteca pinchando na seguinte imaxe.



xoves, 19 de decembro de 2024

"VISITA AO AUDITORIO 5º E 6º INFANTIL: CANTAR NO NADAL"

O luns o alumnado de 5º e 6º de Infantil desfrutou no Auditorio do espectáculo Cantar no Nadal. Cantamos, bailamos e recibiron cunha gran sorpresa, a visita de PAPÁ NOEL, que recolleu en persoa as súas cartas.


CANTAR NO NADAL

xoves, 5 de decembro de 2024

“ANIVERSARIOS NOVEMBRO”

Xa temos preparadas as imaxes dos aniversarios que celebramos no recentemente rematado mes de novembro.

PARABÉNS!!!!!