As nenas e nenos de Educación Infantil do CEIP P. Irmáns Villar e as súas mestras e mestres, queremos desexarvos ...
Boas Festas e Feliz 2026!!
Xunt@s voamos lonxe
As nenas e nenos de Educación Infantil do CEIP P. Irmáns Villar e as súas mestras e mestres, queremos desexarvos ...
Boas Festas e Feliz 2026!!
Xunt@s voamos lonxe
Agradecemos ás familias do alumnado de infantil que nos axudaron a decorar o colexio coas Bolas de Nadal feitas cos peques na casa.
As últimas semanas, festexamos a tope o NADAL. Sorprendeunos o Elfo coas súas trasnadas cada mañá.
Decoramos o noso corredor de cores de Festa de Nadal.
E, o último día os nenos e nenas de infantil recibiron moi emocionados a visita dun personaxe moi especial...🎅🎅🎅
Na última semana Leo, de 5ºA de infantil, e o seu pai, Fernando fixéronnos desfrutar con dous dos seus contos favoritos.
Hoxe recibimos á primeira familia de infantil que participa na actividade AS FAMILIAS CONTAN. Nesta ocasión, foi CLARA, de 6ºA de infantil cos seus pais.
Foron os nenos e nenas de 6º de Infantil os primeiros en desfrutar do Obradoiro de Chocolate que impartiu Loli na aula de psicomotricidade. Máis adiante tamén gozarán desta actividade o alumnado de 4º e 5º de infantil. Podedes ver as imaxes na páxina web do colexio, pinchando na seguinte imaxe.
Cada 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. O alumnado de infantil quixo unirse a esta conmemoración.
5º INFANTIL E 6ºB INFANTIL
Un curso máis todos, xuntos e xuntas no patio, comemos as castañas para celebrar o Magosto.
Esta semana foron os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil os que participaron na actividade PICASSO PROTAGONISTA, na sede de Afundación.
En setembro celebramos os aniversarios de...
Esta semana o alumnado de 6º de infantil fixo unha saída para participar na actividade "Picasso Protagonista", promovida por Afundación. A través do cómic coñeceron a obra do mítico pintor malagueño.
Durante a última semana de curso, tivemos festa todos os días:
XOGOS NO PATIO
MERENDOLA
Dende os máis pequen@s aos adultos, todos podemos contribuír á mobilidade sostible, por unha cidade máis segura e menos contaminada.
Non hai mellor forma de celebrar o Día do Medio Ambiente que visitando o Parque Botánico de Montealegre. O alumnado de 6º de infantil, xunto do alumnado de 1º a 3º de primaria coñeceu moitos aspectos de diferentes plantas e tamén distintas especies de aves. Ademais, xunto co profe Anxo de música, cantaron unha bonita canción dedicada á natureza.
Nesta ocasión foron Alma de 6ºA de infantil e a súa nai Mónica, as que quixeron compartir con nós os seus contos favoritos. Moitas grazas!!