domingo, 30 de marzo de 2025

"ALAVÍN, ALAVÁN: 6º INFANTIL"

Os nenos e nenas de 6º de Infantil participaron na actividade "Alavín, Alaván", promovida pola Concellería de Educación, destinada á educación viaria dos máis pequen@s a través de diferentes xogos.


ALAVÍN, ALAVÁN

"AS FAMILIAS CONTAN: UXÍA E A SÚA FAMILIA"

Esta semana tivemos unha nova sesión da actividade "As familias contan moito" coa nosa alumna Uxía, de 6ºB de Infantil acompañada de toda a súa familia, que nos contaron de marabilla a fermosa historia do libro "A Cousa que máis doe do mundo".



domingo, 23 de marzo de 2025

"ÓPERA FLAUTA MÁXICA"

O alumnado de 6º de infantil asistiu no Auditorio Municipal á representación da Ópera de Mozart "La Flauta Mágica" a cargo da compañía Ferro Teatro. Desfrutaron moito, xa que levan varias semanas preparando esta saída co profe de música Anxo.



Na aula os nenos e nenas expresan a través do debuxo o que lles fai sentir a música da Flauta Máxica.



domingo, 16 de marzo de 2025

"EXPOSICIÓN 8M NA BIBLIO"

Este ano para conmemorar o Día Internacional da Muller, temos na nosa Biblioteca unha fantástica exposición organizada e montada polo Profe Fernando. Podedes seguir visitándoa este vindeiro martes, día 18, de 16 a 18 horas.



venres, 14 de marzo de 2025

"ACTO CONMEMORACIÓN DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

Este ano tivemos que conmemorar o Día Internacional da Muller fóra do 8 de marzo, xa que coincidiu en sábado, pero fixémolo con moita forza.



xoves, 6 de marzo de 2025

"ANIVERSARIOS FEBREIRO"

Xa rematado febreiro queremos felicitar aos nosos peques que celebraron o seu aniversario neste mes. PARABÉNS A TOD@S!!!!🎉🍰💗💗













domingo, 2 de marzo de 2025

"ENTROIDO 2025"

Despois dunha semana chea de festa, o venres chegou o día de desfrutar todos xuntos e xuntas no patio do noso desfile de Entroido. Este ano moi musical.

Podedes ver máis imaxes de toda a semana no Instagram e na páxina web do colexio.


Presentación con vídeo entroido