mércores, 24 de decembro de 2025

"XUNT@S VOAMOS LONXE"

As nenas e nenos de Educación Infantil do CEIP P. Irmáns Villar e as súas mestras e mestres, queremos desexarvos ...

 Boas Festas e Feliz 2026!!

Xunt@s voamos lonxe



"GRAZAS FAMILIAS"

Agradecemos ás familias do alumnado de infantil que nos axudaron a decorar o colexio coas Bolas de Nadal feitas cos peques na casa.




Podedes ver as imaxes da Festa de Nadal pinchando no seguinte enlace

"FESTEXAMOS O NADAL"

As últimas semanas, festexamos a tope o NADAL. Sorprendeunos o Elfo coas súas trasnadas cada mañá.



Decoramos o noso corredor de cores de Festa de Nadal.



E, o último día os nenos e nenas de infantil recibiron moi emocionados a visita dun personaxe moi especial...🎅🎅🎅



"AS FAMILIAS CONTAN: LEO E FERNANDO"

Na última semana Leo, de 5ºA de infantil, e o seu pai, Fernando fixéronnos desfrutar con dous dos seus contos favoritos.



 

xoves, 4 de decembro de 2025

"AS FAMILIAS CONTAN"

Hoxe recibimos á primeira familia de infantil que participa na actividade AS FAMILIAS CONTAN. Nesta ocasión, foi CLARA, de 6ºA de infantil cos seus pais. 



"ANIVERSARIOS MES DE NOVEMBRO"

No mes de novembro celebramos os aniversarios de...🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂