As nenas e nenos de 6º de Infantil estiveron desenvolvendo un proxecto sobre a Aurora Boreal. Aquí vos amosamos como as plasmaron gráficamente e experimentaron cos debuxos a través da luz negra.
luns, 9 de marzo de 2026
"PROXECTO AURORA BOREAL 6º INFANTIL"
"A BIBLIO CONciencia"
Pinchando na imaxe poderedes acceder ao blog da Biblio de IRVI, no que veredes distintas imaxes dos nenos e nenas de infantil e de primaria realizando diferentes experimentos para conmemorar o Día da Muller e a Nena na ciencia.
domingo, 8 de marzo de 2026
"VIALIA: ACTIVIDADE EDUCACIÓN VIAL 6º INFANTIL"
Os nenos e nenas de 6º de infantil asistiron na aula de psicomotricidade a un obradoiro sobre Educación vial, VIALIA, promovido dende a Concellería de Educación do Concello.
xoves, 5 de marzo de 2026
venres, 27 de febreiro de 2026
"SAÍDA 6º INFANTIL: ÓPERA "A FLAUTA MÁXICA"
O alumnado de 6º de infantil asistiu no Auditorio á representación da ópera A Flauta Máxica, de Mozart.
E xa temos a nosa propia canteira de futuras sopranos. 😄😄😄
mércores, 25 de febreiro de 2026
martes, 24 de febreiro de 2026
"ENTROIDO 2026"
Xa temos listas as mellores imaxes da celebración do ENTROIDO deste curso.
E tamén, pinchando na seguinte imaxe, poderedes ver máis da celebración na páxina web do colexio.
domingo, 22 de febreiro de 2026
"OBRADOIRO DE CHOCOLATE 4º, 5º INFANTIL"
Esta semana foi o alumnado de 4º e 5º de infantil o que, grazas a LOLI da Casa do Chocolate de Teimende, aprendeu moito sobre o rico chocolate.
venres, 20 de febreiro de 2026
"OBRADOIRO HIXIENE DENTAL"
O alumnado de 6º infantil participou nun obradoiro para aprender hábitos e coidados para unha boa hixiene dental.
sábado, 7 de febreiro de 2026
"APRENDER XOGANDO"
O alumnado de 4º de infantil xogando coas diferentes propostas de aprendizaxe, e tamén, coas bandexas sensoriais e o minimundo de inverno.
luns, 2 de febreiro de 2026
sábado, 31 de xaneiro de 2026
"AS FAMILIAS CONTAN: ALANA E PAULA"
Visitounos Paula, mamá de Alana, de 6ºB de Infantil para contarnos xuntas dous dos seus libros favoritos. Pinchade na imaxe para ver máis
venres, 23 de xaneiro de 2026
"VISITA DE ANXO MOURE"
Esta semana, dentro do Programa 21 Días en Galego, recibimos a visita de ANXO MOURE cos seus contos, historias e xogos, para concienciar aos nenos e nenas da necesidade de coidar a natureza.
venres, 16 de xaneiro de 2026
"ACTIVIDADE APMOUEDUCA"
Esta semana visitounos APMOU (Asociación para a Protección das Mascotas de Ourense). Co seu programa Educa, e co canciño ROBIN, queren ensinar aos máis pequen@s como tratar e comportarse coas mascotas.
"AS FAMILIAS CONTAN: CARMEN E BRATE"
Carmen, mamá dun dos nosos alumnos de infantil, Brate, visitounos para participar na actividade de fomento da lectura promovida dende a nosa Biblio de IRVI, AS FAMILIAS CONTAN.
mércores, 14 de xaneiro de 2026
"ANIVERSARIOS MES DE DECEMBRO"
Aínda que xa estamos nun novo ano, non podemos esquecer os aniversarios dos nosos peques que cumpriron no mes de decembro. Tivemos que esperar un pouco, porque algúns deles celebrárono nas vacacións de Nadal.
PARABÉNS!!!






















