Visitounos Paula, mamá de Alana, de 6ºB de Infantil para contarnos xuntas dous dos seus libros favoritos. Pinchade na imaxe para ver máis
sábado, 31 de xaneiro de 2026
venres, 23 de xaneiro de 2026
"VISITA DE ANXO MOURE"
Esta semana, dentro do Programa 21 Días en Galego, recibimos a visita de ANXO MOURE cos seus contos, historias e xogos, para concienciar aos nenos e nenas da necesidade de coidar a natureza.
venres, 16 de xaneiro de 2026
"ACTIVIDADE APMOUEDUCA"
Esta semana visitounos APMOU (Asociación para a Protección das Mascotas de Ourense). Co seu programa Educa, e co canciño ROBIN, queren ensinar aos máis pequen@s como tratar e comportarse coas mascotas.
"AS FAMILIAS CONTAN: CARMEN E BRATE"
Carmen, mamá dun dos nosos alumnos de infantil, Brate, visitounos para participar na actividade de fomento da lectura promovida dende a nosa Biblio de IRVI, AS FAMILIAS CONTAN.
mércores, 14 de xaneiro de 2026
"ANIVERSARIOS MES DE DECEMBRO"
Aínda que xa estamos nun novo ano, non podemos esquecer os aniversarios dos nosos peques que cumpriron no mes de decembro. Tivemos que esperar un pouco, porque algúns deles celebrárono nas vacacións de Nadal.
PARABÉNS!!!





