luns, 9 de marzo de 2026

"PROXECTO AURORA BOREAL 6º INFANTIL"

As nenas e nenos de 6º de Infantil estiveron desenvolvendo un proxecto sobre a Aurora Boreal. Aquí vos amosamos como as plasmaron gráficamente e experimentaron cos debuxos a través da luz negra


Moi relacionado con este proxecto estiveron os experimentos coas cores que levaron a cabo na actividade A Biblio CONciencia.



"A BIBLIO CONciencia"

Pinchando na imaxe poderedes acceder ao blog da Biblio de IRVI, no que veredes distintas imaxes dos nenos e nenas de infantil e de primaria realizando diferentes experimentos para conmemorar o Día da Muller e a Nena na ciencia.





domingo, 8 de marzo de 2026

"VIALIA: ACTIVIDADE EDUCACIÓN VIAL 6º INFANTIL"

Os nenos e nenas de 6º de infantil asistiron na aula de psicomotricidade a un obradoiro sobre Educación vial, VIALIA, promovido dende a Concellería de Educación do Concello.