luns, 25 de novembro de 2024

"25 N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES"

Con motivo da conmemoración do Día Internacional de eliminación da violencia contra a muller, en Educación Infantil participamos na actividade que se celebrou na pista polideportiva xunto co resto do alumnado do colexio.


25N 24-25

E, aproveitando dita celebración, tivemos o pracer de desfrutar coa contada do conto “Artur e Clementina”, grazas a Ana e Marta nais de Gala e Anxo de Educación infantil e, acompañadas tamén, de Sabela de 4º de primaria, irmá de Anxo e a súa curmá Mara de 3º. (Pinchando na imaxe podedes ver máis fotos no enlace ao blog da biblioteca)



Ningún comentario:

Publicar un comentario