mércores, 25 de xuño de 2025

"SEMANA FIN DE CURSO"

Durante a última semana de curso, tivemos festa todos os días:

XOGOS NO PATIO 




MERENDOLA


E, por suposto o festival de fin de curso, este ano produto final do proxecto documental IRVIARTE MUSICAL, que levamos a cabo durante este curso no noso colexio, baseado na música do mundo. (Moi pronto poderedes ver na páxina web do cole a montaxe do mesmo).

domingo, 15 de xuño de 2025

"AS FAMILIAS CONTAN: LETICIA, ALTHE E SENA"

Rematando o curso, seguimos recibindo visitas de familias dos nosos nenos e nenas de infantil para contar os seus contos favoritos, como Leticia mamá de Sena de 6º de infantil, e tamén de Althea de 3º de primaria.


"DÍA DA MOBILIDADE SOSTIBLE"

Dende os máis pequen@s aos adultos, todos podemos contribuír á mobilidade sostible, por unha cidade máis segura e menos contaminada.







DÍA DA MOBILIDADE SOSTIBLE

venres, 6 de xuño de 2025

"VISITA AO PARQUE BOTÁNICO DE MONTEALEGRE"

Non hai mellor forma de celebrar o Día do Medio Ambiente que visitando o Parque Botánico de Montealegre. O alumnado de 6º de infantil, xunto do alumnado de 1º a 3º de primaria coñeceu moitos aspectos de diferentes plantas e tamén distintas especies de aves. Ademais, xunto co profe Anxo de música, cantaron unha bonita canción dedicada á natureza.



mércores, 4 de xuño de 2025

"AS FAMILIAS CONTAN: ALMA E MÓNICA"

Nesta ocasión foron Alma de 6ºA de infantil e a súa nai Mónica, as que quixeron compartir con nós os seus contos favoritos. Moitas grazas!!