domingo, 27 de decembro de 2020
venres, 25 de decembro de 2020
"PROPOSTAS DE NADAL 5º ED. INFANTIL"
En decembro, o alumnado de 5º de Ed. Infantil, tivo propostas relacionadas co Nadal.
A través delas, traballaron a grafomotricidade, lectoescritura, vocabulario relacionado co Nadal, creatividade, series de cores, trasvase de materiais sólidos e asociación de número e cantidade. Todo empregando elementos da vida práctica como cascabeis, bolas de Nadal, pedriñas de cores, botóns...
A base é a manipulación e a experimentación. Aprender xogando.
xoves, 24 de decembro de 2020
"OLA PAPÁ NOEL!!!"
Como todos os anos, tivemos a sorte de recibir a visita de Papá Noel que axudou a repartir os caramelos que nos regalaron dende o Concello. Non te esquezas de ler as nosas cartas Papá Noel!!!!
martes, 22 de decembro de 2020
"NADAL 2020"
4º A ED, INFANTIL
5º A ED. INFANTIL
5º B ED. INFANTIL
6º A ED. INFANTIL
6º B ED. INFANTIL
domingo, 6 de decembro de 2020
"CONTOS DE NADAL"
mércores, 2 de decembro de 2020
"O LIBRO DE LAVAR AS MANS"
Os nenos e nenas de Educación Infantil saben moi ben o importante que é lavarse ben as mans para estar moi sans.
venres, 27 de novembro de 2020
domingo, 22 de novembro de 2020
"SEGUIMOS APRENDENDO EN 4º DE ED. INFANTIL"
Os nen@s de 4º de Ed. Infantil seguen mostrándonos cantas cousas son capaces de facer:
TRABALLIÑOS DE OUTONO
SOMOS ENCARGAD@S DO DÍA
XOGAMOS E APRENDEMOS
"PEQUENOS GUÍAS TURÍSTICOS DE OURENSE"
Despois de moito investigar e aprender sobre a nosa cidade, os alumn@s de 6º de Ed. Infantil convertéronse en novos guías turísticos de OURENSE.
"OS ALUMN@S DE 5º DE ED. INFANTIL PINTAN O OUTONO"
Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil fixeron un mural de estampación con froitos do Outono
domingo, 15 de novembro de 2020
"PROBAMOS OS FROITOS DO OUTONO"
Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil probaron nunha rica macedonia as froitas tìpicas do OUTONO, entre elas algunhas que non coñecían como o caqui. Que rica estaba!!!!
mércores, 11 de novembro de 2020
"MAGOSTO 2020"
Aínda que este ano non poida haber fogueiras, non esquecemos a tradición da festa do Magosto, tan importante na nosa cidade. Por iso, durante esta semana fixemos uns traballiños moi chulos para levar a casa. Como estes dos alumnos e alumnas de 6º de Ed. Infantil.
Ou estes puzzles de castañas dos nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil.
domingo, 8 de novembro de 2020
"APRENDEMOS XOGANDO, VIDA PRÁCTICA"
Os alumn@s de 5º de Educación Infantil xogan e aprenden coas bandexas de "Vida Práctica".
Estas actividades están baseadas no método Montessori e teñen a finalidade de que os nenos e nenas sexan capaces de facer as cousas por sí mesmas e mesmos. É indispensable ser paciente, dar confianza e seguridade.
4 ANOS A
4 ANOS B
"LEMBRANDO A CARVALHO CALERO"
Debido á suspensión das clases presenciais o curso pasado, transladouse a celebración das actividades de homenaxe a Carvalho Calero ao día 31 de outubro. Os alumnos de 6º de Ed. Infantil fixeron estes bonitos traballos sobre un dos seus libros: "As pitas baixo a choiva".
mércores, 4 de novembro de 2020
"EXPERIMENTAMOS"
Os nosos nen@s de Educación Infantil saben perfectamente que é fundamental para vencer ao coronavirus ter as mans moi limpiñas e os alumn@s de 4 anos A e B comprobárono con este divertido experimento.
domingo, 1 de novembro de 2020
"SAMAÍN 2020"
Aínda que este ano non puidemos ter festa e disfraces, non deixamos de celebrar o SAMAÍN cos nosos nenos e nenas.
xoves, 29 de outubro de 2020
"SEMANA DE SAMAÍN"
A vindeira fin de semana celebramos a festa do SAMAÍN. Aquí vos deixamos o vídeo do conto "Corre, corre cabaciña" moi apropiado para esta festa. 👻🎃
"HORA DO CONTO"
domingo, 4 de outubro de 2020
"MANS LIMPAS CONTRA O CORONAVIRUS"
Os nosos alumn@s teñen moi claro que a mellor arma para gañar ao coronavirus e ter as nosas mans moi limpas e aprender a facelo con cancións tan divertidas como esta.
"EMPEZAMOS O COLE"
Despois dun necesario periodo de adaptación, os máis pequen@s do noso cole comenzaron todos xuntos en horario normal.
BENVID@S AO COLE DE MAIORES!!!
domingo, 20 de setembro de 2020
" POR FIN, COMENZAMOS O COLE"
E, por fin, as voces, risas e, ás veces os choros volveron escoitarse no noso cole. Comenzamos un novo curso, diferente para tod@s pero con moitísimas ganas de volver a vernos e aprender moitas cousas novas.
BENVID@S!!!!!
martes, 8 de setembro de 2020
"VOLTA AO COLE"
Ola familias!
Comenzamos un novo curso marcado pola pandemia do COVID-19. Este ano non podemos ter a reunión de principio de curso pola normativa sanitaria de prevención, pero o equipo de Ed. Infantil queremos lembraros no seguinte documento uns aspectos importantes a ter en conta de cara a este comenzo e á marcha do curso.
Moitas grazas pola vosa colaboración e desexamos un feliz curso para toda a comunidade educativa.