domingo, 8 de novembro de 2020

"APRENDEMOS XOGANDO, VIDA PRÁCTICA"

Os alumn@s de 5º de Educación Infantil xogan e aprenden coas bandexas de "Vida Práctica".










Estas actividades están baseadas no método Montessori e teñen a finalidade de que os nenos e nenas sexan capaces de facer as cousas por sí mesmas e mesmos. É indispensable ser paciente,  dar confianza e seguridade.

Utilizan as bandexas para a actividade proposta. As mestras presentamos a actividade previamente e facemos todos os pasos. Logo, elas ou eles fan a actividade así, ou como lle parece; tal vez estean a descubrir outras cousas. Sempre que non maltraten o material non corrixiremos.

Empezamos con algo moi sinxelo para exercitar a psicomotricidade fina e o traballo da man, o coñecemento do esquema corporal, o seu nome e o dos compañeiros e compañeiras, número e cantidade. Practican unha habilidade mediante a repetición. Logo, aprenden tamén por experimentación e comezan a desfrutar con outras actividades.

A partires da manipulación e a exploración activan a súa creatividade, os seus sentidos, a capacidade de pensar.

Cada neno e nena ten o seu ritmo madurativo e o importante é que desfrute do proceso. 

Esta é unha mostra do seu desenvolvemento durante a primeira semana.

4 ANOS A









4 ANOS B








Ningún comentario:

Publicar un comentario