domingo, 31 de maio de 2020

"SEGUIMOS APRENDENDO EN TEMPO DE CONFINAMENTO 6"

Seguimos adiante. O coronavirus non vai poder coas gañas de aprender dos nosos alumn@s de Ed. Infantil de Irmáns Villar. Aquí tedes unha semana máis, o enlace (pinchando na imaxe) para as novas actividades, para todos os niveis, (semana do 1/06/2020). Na carpeta tamén vai unha nova edición das PROPOSTIÑAS.

Por suposto, seguimos recibindo encantadas a mostra dos vosos traballiños, creacións e propostiñas no noso correo: infantilivillar@gmail.com 

Aprendemos en Confinamento 6

Pinchade na seguinte imaxe se queredes acceder ao traballo específico, cunha nova unidade adicada ás Aves nocturnas, para os alumn@s de 6º de Ed. Infantil.

Fichas para 6º ED. INFANTIL


A Teacher Belén, tamén nos envía máis enlaces para seguir aprendendo e practicando inglés na casa.




domingo, 24 de maio de 2020

"SEGUIMOS APRENDENDO EN TEMPO DE CONFINAMENTO 5"

Os nos@s alumn@s xa comezaron a enviarnos mostras das súas creacións e traballiños relacionados co plantexado durante estas semanas e tamén experimentando a partir das PROPOSTIÑAS. 

MOITAS GRAZAS!!!!! 👍👍👌👌😍😍


TIAGO, de 5º B de Ed. Infantil, quere compartir con nós as súas creacións, como escribir o seu nome ou un superdinosaurio, con pauciños de pan. Que chulo!!!!



CARMEN, de 6º A de Ed. Infantil, quere ensinarnos a súa creación dunha bolboreta. É unha das manualidades que vos propoñíamos a partir da poesía da PRIMAVERA. Quedou preciosa.




VERA, de 5º A de Ed. Infantil, envíanos unhas fotos construíndo palabras, poñendo nome aos seus bonecos. MOI BEN!!!!! 👌👌💗💗




Deixámosvos o enlace (pinchando na imaxe), á carpeta para o traballo desta semana (25/05/20). Nesta carpeta, ademais das fichas repartidas por días, e para todos os niveis de Educación Infantil, hai unha nova opción, un traballo ao que chamamos "PROPOSTIÑAS" (xa tedes a explicación ao entrar na súa carpeta).


Aprendemos en Confinamento 5


Para acceder ao traballo específico para alumn@s de 6º de Ed. Infantil, pinchade no seguinte enlace.




Tamén queremos mostrarvos esta idea, XOGAMOS CON GOMETS. (Se tedes o material na casa ou podedes acceder a el). No seguinte documento hai ideas que podedes seguir, pero tamén vos animamos a facer as vosas propias creacións. Por suposto, este traballo é para facer no momento que desexedes durante este tempo na casa. 



Máis material imprimible e acceso a páxinas webs pinchando no enlace no seguinte enlace:

domingo, 17 de maio de 2020

"SEGUIMOS APRENDENDO EN TEMPO DE CONFINAMENTO 4"

Despois da paréntese para a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, aquí vos deixamos o traballo para esta semana (18/05/20). Nas carpetas dos distintos días atoparedes fichas para os 3 niveis de Ed. Infantil.

Ademais, esta semana, deixámosvos tamén un traballo organizado polas profes Luisa e Loli para os seus alumn@s de 6º de Ed. Infantil



A Teacher BELÉN envíanos este material para seguir aprendendo INGLÉS na casa.






E, como sempre, tamén podedes pinchar no seguinte enlace para acceder a diferentes páxinas webs e descargar diferente material para traballar cos nen@s, así como xogos interactivos, dixitais, vídeos, contos..., e tamén material de INGLÉS, A.L.




E, aínda que agora xa se pode saír a dar un paseo cos nen@s, ir un ratiño en bici ou en patinete, tamén queremos deixaros esta proposta dun vídeo que vos pode dar ideas para facer exercicio na casa cos máis pequen@s.



E dous contos para esta semana:

Un que ten que ver co traballo proposto: "A GALIÑA MARCELINA"


E tamén outro moi divertido "UNA GALLINA EN MI AZOTEA"


Por suposto, lembrarvos que TODO VAI SAÍR BEN!!!. Verémonos moi pronto outra vez no cole e, para animarnos, FÉLIX de 5º A de Ed. Infantil, envíanos unha foto do seu arco da vella na ventá da súa casa.


venres, 15 de maio de 2020

"DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS"

Carmen, de 6º A de Ed. Infantil, quixo lembrarnos que hoxe, 15 de Maio, celébrase o "Día Internacional das Familias". Enviounos este vídeo cun conto que fala de que hai moitas clases de familias, pero que o máis importante en calquera delas é que haxa moito AMOR . 
Moi fermoso Carmen, MOITAS GRAZAS!!!!


domingo, 10 de maio de 2020

"SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: RICARDO CARVALHO CALERO"

O 17 de MAIO é o Día das Letras Galegas. Neste caso adicado ao escritor e mestre RICARDO CARVALHO CALERO

O escritor, filólogo e lingüísta Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.





Este ano non o podemos celebrar como quixeramos, todos xuntos no cole, pero esta semana queremos adicarlle a este autor o traballiño que fagades na casa. Para iso, deixámosvos os seguintes enlaces onde podedes descargar fichas para facer cos nenos e nenas por idades, e tamén con xogos interactivos e información sobre o autor ao que se lle dedica este ano a festa das LETRAS GALEGAS.





Ademais, durante esta semana queremos proporvos traballar cos nenos e nenas na casa a partir do conto de GIANNI RODARI  "O CONTO DA GRAN CENORIA". Pinchade no título e neste documento atoparedes algunha ficha para debuxar e colorear, os maiores traballar a lectoescritura, recetas de cociña e tamén manualidades e un pequeno experimento.

Tamén vos deixamos estas dúas montaxes interactivas nas que poderedes acceder a máis información do autor, xogos e máis enlaces adicados ao Día das Letras Galegas 2020




E tamén queremos deixarvos esta proposta didáctica a partir dunha das obras de RICARDO CARVALHO CALERO
"As pitas baixo a choiva"

AS PITAS BAIXO A CHOIVA






E xa empezamos a recibir respostas con novos finais para o conto A GRAN CENORIA. Aquí vos deixamos a de VERA de 5º A de Ed. Infantil:
"Cando xa pensaban que non ían poder sacar a cenoria, pasou por alí unha camioneta dun circo e baixou o forzudo a axudalos e por fin o conseguiron." 
E tamén nos enviou o seu debuxo




Alejandra, de 6º B de Ed. Infantil envíanos unhas fotos dun traballo moi especial que está facendo na súa casa. O seu propio HORTO CASEIRO, con tomates, leitugas, pementos. Seguro que todo estará riquísimo!!!


E non queremos esquecernos de felicitar a Alejandra polo seu premio como unha das gañadoras do concurso patrocinado polo xornal LA REGIÓN, Reporteiros desde casa. NORABOA ALEJANDRA!!!! (Pinchade na foto se queredes ir ao enlace da noticia do xornal LA REGIÓN).




 

luns, 4 de maio de 2020

"SEGUIMOS APRENDENDO EN TEMPO DE CORENTENA 3"

Aquí está o traballo planificado para esta semana (4/05/20). Nalgúns casos hai fichas distribuídas por niveis. Outras fichas son válidas para todos os niveis.
Boa semana a todos e todas!!!

Aprendemos en confinamento 3




Ademais, dende a BIBLIO DE IRVI, déixannos un divertido RETO: A BIBLIO CONCIENCIA. Converternos en Científicos. Animádevos a facer un pequeniño experimento na casa e podedes grabar un vídeo e enviárnolo ao noso correo electrónico: infantilivillar@gmail.com

Aquí vos deixamos o enlace para o blog da biblio, por se queredes ver a información relacionada con esta actividade.


A profesora de Audición e Linguaxe, Ana Isabel, envíanos uns vídeos para que os nenos e nenas de Ed. Infantil practiquen na casa un pouquiño coa axuda de papá ou mamá. 




Máis material para traballar cos nenos e nenas na casa pinchando no seguinte enlace:



E, por suposto, un pouco de exercicio divertido.


venres, 1 de maio de 2020

"AS NOSAS OBRAS"

LUCÍA, de 5º A de Ed. Infantil, envíanos un cadro moi especial: un Arco da Vella, para enviarnos moitos ánimos e lembrarnos que TODO VAI SAÍR BEN
Precioso Lucía. MOITAS GRAZAS!!!!