O 17 de MAIO é o Día das Letras Galegas. Neste caso adicado ao escritor e mestre RICARDO CARVALHO CALERO.
Este ano non o podemos celebrar como quixeramos, todos xuntos no cole, pero esta semana queremos adicarlle a este autor o traballiño que fagades na casa. Para iso, deixámosvos os seguintes enlaces onde podedes descargar fichas para facer cos nenos e nenas por idades, e tamén con xogos interactivos e información sobre o autor ao que se lle dedica este ano a festa das LETRAS GALEGAS.
Ademais, durante esta semana queremos proporvos traballar cos nenos e nenas na casa a partir do conto de GIANNI RODARI "O CONTO DA GRAN CENORIA". Pinchade no título e neste documento atoparedes algunha ficha para debuxar e colorear, os maiores traballar a lectoescritura, recetas de cociña e tamén manualidades e un pequeno experimento.
Tamén vos deixamos estas dúas montaxes interactivas nas que poderedes acceder a máis información do autor, xogos e máis enlaces adicados ao Día das Letras Galegas 2020
E tamén queremos deixarvos esta proposta didáctica a partir dunha das obras de RICARDO CARVALHO CALERO:
"As pitas baixo a choiva"
AS PITAS BAIXO A CHOIVA |
E xa empezamos a recibir respostas con novos finais para o conto A GRAN CENORIA. Aquí vos deixamos a de VERA de 5º A de Ed. Infantil:
"Cando xa pensaban que non ían poder sacar a cenoria, pasou por alí unha camioneta dun circo e baixou o forzudo a axudalos e por fin o conseguiron."
E tamén nos enviou o seu debuxo
Alejandra, de 6º B de Ed. Infantil envíanos unhas fotos dun traballo moi especial que está facendo na súa casa. O seu propio HORTO CASEIRO, con tomates, leitugas, pementos. Seguro que todo estará riquísimo!!!
E non queremos esquecernos de felicitar a Alejandra polo seu premio como unha das gañadoras do concurso patrocinado polo xornal LA REGIÓN, Reporteiros desde casa. NORABOA ALEJANDRA!!!! (Pinchade na foto se queredes ir ao enlace da noticia do xornal LA REGIÓN).
Ningún comentario:
Publicar un comentario