venres, 27 de novembro de 2020

domingo, 22 de novembro de 2020

"SEGUIMOS APRENDENDO EN 4º DE ED. INFANTIL"

Os nen@s de 4º de Ed. Infantil seguen mostrándonos cantas cousas son capaces de facer:

TRABALLIÑOS DE OUTONO




SOMOS ENCARGAD@S DO DÍA



XOGAMOS E APRENDEMOS



"PEQUENOS GUÍAS TURÍSTICOS DE OURENSE"

Despois de moito investigar e aprender sobre a nosa cidade, os alumn@s de 6º de Ed. Infantil convertéronse en novos guías turísticos de OURENSE.





 

"OS ALUMN@S DE 5º DE ED. INFANTIL PINTAN O OUTONO"

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil fixeron un mural de estampación con froitos do Outono










domingo, 15 de novembro de 2020

"PROBAMOS OS FROITOS DO OUTONO"

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil probaron nunha rica macedonia as froitas tìpicas do OUTONO, entre elas algunhas que non coñecían como o caqui. Que rica estaba!!!!




mércores, 11 de novembro de 2020

"MAGOSTO 2020"

Aínda que este ano non poida haber fogueiras, non esquecemos a tradición da festa do Magosto, tan importante na nosa cidade. Por iso, durante esta semana fixemos uns traballiños moi chulos para levar a casa. Como estes dos alumnos e alumnas de 6º de Ed. Infantil.





Ou estes puzzles de castañas dos nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil.



domingo, 8 de novembro de 2020

"APRENDEMOS XOGANDO, VIDA PRÁCTICA"

Os alumn@s de 5º de Educación Infantil xogan e aprenden coas bandexas de "Vida Práctica".










Estas actividades están baseadas no método Montessori e teñen a finalidade de que os nenos e nenas sexan capaces de facer as cousas por sí mesmas e mesmos. É indispensable ser paciente,  dar confianza e seguridade.

Utilizan as bandexas para a actividade proposta. As mestras presentamos a actividade previamente e facemos todos os pasos. Logo, elas ou eles fan a actividade así, ou como lle parece; tal vez estean a descubrir outras cousas. Sempre que non maltraten o material non corrixiremos.

Empezamos con algo moi sinxelo para exercitar a psicomotricidade fina e o traballo da man, o coñecemento do esquema corporal, o seu nome e o dos compañeiros e compañeiras, número e cantidade. Practican unha habilidade mediante a repetición. Logo, aprenden tamén por experimentación e comezan a desfrutar con outras actividades.

A partires da manipulación e a exploración activan a súa creatividade, os seus sentidos, a capacidade de pensar.

Cada neno e nena ten o seu ritmo madurativo e o importante é que desfrute do proceso. 

Esta é unha mostra do seu desenvolvemento durante a primeira semana.

4 ANOS A









4 ANOS B








"LEMBRANDO A CARVALHO CALERO"

Debido á suspensión das clases presenciais o curso pasado, transladouse a celebración das actividades de homenaxe a Carvalho Calero ao día 31 de outubro. Os alumnos de 6º de Ed. Infantil fixeron estes bonitos traballos sobre un dos seus libros: "As pitas baixo a choiva".



mércores, 4 de novembro de 2020

"EXPERIMENTAMOS"

 Os nosos nen@s de Educación Infantil saben perfectamente que é fundamental para vencer ao coronavirus ter as mans moi limpiñas e os alumn@s de 4 anos A e B comprobárono con este divertido experimento.







domingo, 1 de novembro de 2020

"SAMAÍN 2020"

Aínda que este ano non puidemos ter festa e disfraces, non deixamos de celebrar o SAMAÍN cos nosos nenos e nenas.