Os alumn@s de 5º de Ed. Infantil remataron o seu proxecto sobre As Plantas. E, por fin, levaron para casa as macetas con caléndula que plantaron ao principio.
domingo, 30 de maio de 2021
"XOGANDO COAS SOMBRAS"
As nenas e nenos de 4ºB de Ed. Infantil xogaron e experimentaron co seu corpo a inventar sombras. Psicomotricidade, creatividade, xogo.
mércores, 26 de maio de 2021
"APRENDENDO COA NATUREZA"
Os nenos e nenas de Educación Infantil estes días xogaron e aprenderon coas pólas da moreira.
Formaron figuras xeométricas, e construíron un niño como os alumn@s de 4º de Ed. Infantil.
Motricidade fina, creatividade, formas, lectoescritura, vida práctica.
domingo, 23 de maio de 2021
"A BIBLIO CONCIENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL"
Durante este curso, en Educación infantil, tamén participamos no Proxecto "A Biblioteca CONciencia", proposto dende o equipo da Biblioteca do noso cole para todo o centro, dende Infantil a Primaria. (Podedes ver máis fotos no blogue da Biblio, pinchando no seguinte enlace).
Ao longo dos tres trimestres fixemos varios experimentos para despertar nos máis pequen@s o interés pola ciencia e a experimentación, que xa publicamos anteriormente (O xabón é poderoso, Fabricamos neve artificial, Arco da vella con caramelos de cores, experimentando coa luz negra).
Os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil, no seu proxecto sobre a prehistoria experimentaron sobre o descubrimento da roda.
E, coa chegada da primavera, e traballando no proxecto sobre as plantas, tamén quixemos experimentar sobre as cores das flores, intentando cambialas de cor.
"APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS 5º ED. INFANTIL"
En 5º de Ed. Infantil, @s nenos e nenas están aprendendo sobre as plantas, como nacen e medran, que necesitan, que nos dan e para que serven. Vida práctica.
Sementaron fabas e lentellas en algodón.
E, tamén, plantaron caléndula no patio.
martes, 18 de maio de 2021
"LETRAS GALEGAS 2021"
Celebramos durante toda a semana o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a XELA ARIAS.
Decorando entre tod@s os alumn@s de Ed. Infantil un mural conmemorativo.
Elaborando os nosos libriños nos que coñecimos a XELA ARIAS:
Moitas grazas familias pola vosa colaboración para elaborar esta montaxe con fermosas palabras do noso idioma.
venres, 14 de maio de 2021
"CONTACONTOS BENXAMÍN
Esta semana tamén disfrutamos dun novo Contacontos grazas á visita de BENXAMÍN, gran contador de historias e gran debuxante que fixo gozar moito aos nenos e nenas de Educación Infantil.
martes, 11 de maio de 2021
"SEMANA DAS LETRAS GALEGAS"
Toda esta semana estamos celebrando o Día das LETRAS GALEGAS 2021", adicado este ano á escritora Xela Arias.
Hoxe martes, tivemos un gran concerto de Paco Cerdeira, Pakolas, que nos levou coas súas cancións nunha viaxe a través da historia, acompañado da estupenda ilustradora Laura Romero. Pasámolo de marabilla 😍😍
xoves, 6 de maio de 2021
"VISITA ANXO MOURE"
luns, 3 de maio de 2021
"AÍ VEN O MAIO"
Hoxe chegaron os nenos e nenas de infantil cargados cun montón de flores, follas, fento, carrabouxos... para facer o noso MAIO. Aquí vos deixamos unha parte do resultado.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
domingo, 2 de maio de 2021
"CHOIVA DE FLORES"
En tempo de Primavera, as flores están en todas partes. Os alumn@s de 5º de Ed. Infantil, miran, tocan, cheiran e aprenden que hai moitas clases de flores: margaridas, rosas, claveis, xerbera, astromelia, tulipán, lilium, bola de neve...
"TEATRO FABAS MÁXICAS"
Esta semana, en Educación Infantil poidemos disfrutar da obra de Teatro promovida por Afundación "As Fabas Máxicas". Aínda que o tivemos que facer de forma online, os nenos e nenas pasárono de marabilla.